A Xunta destaca o interese da Feira Enerxétika 2022 como punto de encontro do sector e foro de debate sobre o futuro das enerxías

Silleda (Pontevedra), 3 de febreiro de 2022.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, inauguraron hoxe a terceira edición da Feira de Enerxía Enerxétika 2022, a única do noroeste peninsular que engloba todos os sectores representados no eido das enerxías. No acto participaron tamén o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López.

Enerxétika 2022, que se celebra desde hoxe ata o sábado no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, retoma a súa actividade despois da pandemia -a edición do 2020 tivo que ser aprazada- como punto de encontro do sector e foro de debate sobre o futuro das enerxías. Nun espazo de 3.893 metros cadrados, participarán 251 firmas expositoras de 13 países, tanto das enerxías convencionais como das renovables, e levaranse a cabo máis de 80 conferencias, encontros e actividades sobre eficiencia enerxética, mobilidade sostible, electrónica industrial, iluminación, material, equipos e servizos vencellados ao sector enerxético.

O vicepresidente primeiro puxo en valor o evento pola ampla participación dun sector que hoxe levanta moitas expectativas, tanto polo prezo das enerxías como pola súa repercusión na industria e nunha transición enerxética que, recordou Alfonso Rueda, “ten que ser xusta”.

a área expositiva destaca o Salón de Innovación Enerxétika, para o que foron seleccionados 18 proxectos, así como encontros sectoriais e conferencias, pero tamén espazos abertos ao público como un circuíto de vehículos eléctricos ou híbridos e unha zona divulgativa para axudar a comprender o mundo da enerxía.

feira conta co apoio dos catro clústeres galegos de enerxía e co compromiso da Xunta de Galicia para que o encontro sexa “un espazo de negocio, interacción e análise para un sector tan puxante como o da enerxía”, indicou Alfonso Rueda, quen reforzou a aposta do Goberno galego por situar Galicia como referente na transición enerxética.

vicepresidente primeiro manifestou tamén a súa satisfacción por que Enerxétika 2022 abra o calendario anual de feiras no recinto de Silleda, o que supón a volta á normalidade para un sector que se viu moi prexudicado pola pandemia e no que a Xunta investiu 770.000 euros para adaptarse á situación sanitaria e abrir novos mercados. Alfonso Rueda subliñou, tamén, que o recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca é o lugar máis axeitado para encontros deste tipo pola súa situación estratéxica, as condicións do espazo expositivo, a profesionalidade do seu persoal e a súa experiencia.

Pola súa banda, o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, manifestou que Enerxétika 2022 se celebra nun momento clave para o sector. Segundo dixo, Galicia quere acometer unha transición ecolóxica xusta e planificada que permita despregar nova potencia renovable, crear un tecido industrial máis sustentable, xerar emprego e atraer investimentos. E avogou por facelo acompañando en todo este proceso as necesidades de empresas —especialmente das pemes—, e autónomos, dos sectores que son estratéxicos para a economía galega e, por suposto, das familias.

Nese sentido, a Xunta vai convocar este ano preto de 110M€ en diferentes ordes de axudas para desenvolver proxectos de eficiencia enerxética e impulso de enerxías renovables en empresas, para familias e autónomos, e para a mobilidade sustentable e eficiente.

Conde subliñou que a reactivación económica tras a pandemia pasa por aproveitar todas as oportunidades que ofrece este contexto para xerar actividade industrial e emprego. E, nese sentido, asegurou que ese é o obxectivo da candidatura galega aos fondos europeos Next Generation. De feito, a metade dos proxectos que contempla céntranse en actuacións vinculadas coa transición enerxética, a economía circular ou a mobilidade sustentable, como a produción de hidróxeno verde, biocombustibles ou fibras téxtiles a partir da optimización dos recursos forestais.

A clave, engadiu, está no autoconsumo, na mellora da eficiencia e nos avances tecnolóxicos en materia de almacenamento enerxético e mobilidade que se poidan producir grazas á I+D+i. E, ao respecto, apostou por fortalecer a colaboración público-privada para favorecer unha transición enerxética en Galicia que sexa sinónimo de transformación e oportunidade, fundamentalmente, para as pemes.

O sector enerxético supón para Galicia o 4,3% do seu PIB e xera 10.000 empregos directos e 22.000 indirectos. Ademais, Galicia produce o 10% da enerxía total de España e o 20% da enerxía eólica a nivel nacional.

>>> FOTOGRAFÍAS DA FEIRA 

 

Calendario de Eventos

Equina
11 - 13 Xullo 2025
 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 3 agosto 2025 
 
XGN INTERMAX
10 - 12 outubro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal