Galican Agility Cup, un mega evento deste deporte canino sen precedentes en Galicia que se celebrará do 29 de xullo ao 2 de agosto

Silleda, 4 de xullo de 2025.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) será escenario dunha cita de agility sen precedentes na Comunidade, a Galican Agility Cup. Un evento itinerante por distintos lugares do mundo que é un dos máis importantes e esperados deste deporte canino e que nesta ocasión terá lugar no recinto do 29 de xullo ao 2 de agosto.

Organizado pola asociación Galician Agility Festival en colaboración coa empresa galega de obstáculos para agility Galican Sport, incluirá a primeira quíntupla en territorio galego, é dicir, cinco días de competición. De martes a sábado pola mañá celebraranse probas puntuables para o campionato de España. Xa o sábado pola tarde, terá lugar a Copa Galican, cuxos premios ascenderán a 15.000€ en produtos da empresa.

Estas probas serán avaliadas por catro xuíces top a nivel mundial que destacan por deseñar circuítos seguros para os cans e ao mesmo tempo con gran vistosidade, os cales son a alemá Stefannie Semkat, o sueco Jocke Tangfelt, o canario Héctor Ramírez e o suízo Philipp Glur. Nomes que son un gran reclamo para os profesionais e afeccionados ao agility e que supoñen que ata o momento xa se inscribiron (os prazos aínda están abertos) máis de 250 binomios de 19 países, como son España, Portugal, Francia, Alemaña, Reino Unido, Países Baixos, Bélxica, Polonia, República Checa, Luxemburgo, Italia, Suíza, Estados Unidos, Arxentina, Colombia, Brasil, Panamá, Chile e Singapur. 

A estas competicións sumaranse distintos seminarios, os cales serán impartidos por recoñecidos nomes deste deporte canino, como son a francesa Kim Barreau, a italiana Verónica Odone, a alemá Dani Fischbach e o español Adrián Bajo, actual campión do mundo de agility en categoría “large”.

O recinto, epicentro do agility

Da man da asociación Galican Agility Festival a Feira Internacional de Galicia ABANCA acolleu este ano importantes citas co agility, como seminarios, a Cuáduple Canedupo e as probas celebradas na feira Abanca Semana Verde.

Agora, cunha cita estrela tanto por relevancia como por cifra de participantes e carácter internacional, o recinto converterase en epicentro deste deporte canino. E farao coas mellores condicións, xa que as súas instalacións son excelentes para iso, incluíndo un gran ring verde que para celebrar a Galican Agility Cup se dividirá en tres pistas e un ring de quecemento no que se realizarán os seminarios, ademais de multitude de espazos e servizos.
 

Calendario de Eventos

Equina
11 - 13 Xullo 2025
 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 3 agosto 2025 
 
XGN INTERMAX
10 - 12 outubro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal