A Fundación Semana Verde pecha semestre con crecemento nos resultados de todos os seus eventos e aproba contas de 2024 con superávit

Silleda, 20 de junio de 2025.- A Fundación Semana Verde de Galicia celebrou esta mañá no recinto feiral a reunión do seu Padroado, a cal estivo presidida polo secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Francisco Javier Abad, en calidade de vicepresidente do Padroado. 

No encontro aprobáronse as contas do ano 2024, nas cales a Fundación rexistrou novamente superávit, cunha cifra de 64.495€, e unha facturación que superou os 3,9 millóns de euros. Resultados dun exercicio no que tiveron lugar 19 eventos maiores e 25 menores, ademais das sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, que con 39.625.775€ aumentou as súas transaccións nun 17,4% respecto ao ano anterior e volveu rexistrar o maior volume de facturación da súa historia.

Por outra banda, no encontro fíxose balance das actividades destes primeiros seis meses do ano, nos cales se celebraron 11 eventos maiores e 10 menores, ademais de 22 sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA. 

Respecto a estas citas do primeiro semestre, son destacables os resultados da 47ª Abanca Semana Verde de Galicia, a máis internacional dos últimos vinte anos e a mellor dos últimos 18 en canto a expositores directos, con 758 empresas e entidades, ademais de recibir 112.200 visitantes, un 32% máis que o ano pasado e a mellor cifra dende antes da pandemia. Tamén medraron o certame agropecuario Abanca Cimag-GandAgro, con 174 expositores que supuxeron un 3,5% máis que na anterior cita e 19.813 visitantes que significaron unha concorrencia un 4,3% maior, e a feira de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo, a cal chegou aos 99 expositores, un 19,2% máis e aos 4.016 metros cadrados netos, un 11% maior.

Por outra banda, foron salientables os datos da Central Agropecuaria ata a poxa do pasado martes 17 de xuño, sendo moi superiores tanto en asistencia como en transaccións respecto á mesma data do ano pasado. Así, ata esta sesión asistiron 29.212 animais, un 24,7% máis que os rexistrados a estas alturas en 2024, mentres que as transaccións ascenderon a 28.471.021€, un 74% máis. Ademais, neste período a Central acadou sete récords en canto a cifras nunha sesión, relativos á facturación conxunta, transaccións en cada unha das categorías e prezos medios tamén en todas as categorías.

Segundo semestre con gran actividade

A notable actividade da Fundación nesta primeira metade do ano continuará tamén na segunda. Así, xa están fixadas diversas citas, entre elas a feira do transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, que terá lugar en novembro, ou a party informática XGN Intermax, que se celebrará en outubro. Así mesmo, acollerá distintos eventos realizados por outras entidades, como Equina, a Galican Agility Cup ou o Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2025.
 

Calendario de Eventos

Equina
11 - 13 Xullo 2025
 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 3 agosto 2025 
 
XGN INTERMAX
10 - 12 outubro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal