MEDIO RURAL PON EN VALOR A CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA EN SILLEDA COMO REFERENTE NACIONAL DO SECTOR

 

Silleda, 14 de xaneiro de 2025.- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo hoxe en valor a Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda como referente na comercialización do gando dentro da nosa comunidade e mesmo a nivel nacional. A conselleira, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que o de Silleda é un dos oito mercados de gando que existen en España, dos cales tres están en Galicia (os outros dous son os de Amio, en Santiago de Compostela, e Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei).

Nesta liña, Gómez puxo de relevo que a Central, xestionada pola Fundación Semana Verde, destaca tamén por levar a cabo a única poxa de gando bovino informatizada do país. Trátase, explicou, dun sistema de poxa pública con xestión informática, o que exclúe a presenza de intermediarios e facilita o proceso de compra.

Por iso, a conselleira engadiu que para Galicia “é toda unha honra poder contar con instalacións destas características, pioneiras en innovación e que nos achegan cifras que poñen de relevo a boa situación da que está a gozar o sector.” Así, lembrou que no ano 2024 houbo unha asistencia ao mercado de 53.732 animais, que supoñen un volume de transacción de máis de 39 millóns de euros. Ademais, a asistencia aumentou un 6,1% con respecto ao exercicio anterior, acadando a mellor cifra dende o ano 2009.

Liderado de Galicia

 

Neste contexto, a titular de Medio Rural sinalou que Galicia ocupa unha posición de liderado no sector agrogandeiro, “froito do traballo e a profesionalidade dos nosos agricultores e gandeiros, co apoio da Xunta”. Un apoio que concretou con medidas como as axudas da convocatoria de 2024 das achegas para plans de mellora de explotacións e para fomentar a remuda xeracional no agro, apoiando a incorporación de novos agricultores, cunha inxección de arredor de 45,9 millóns de euros.

Grazas a estes fondos, indicou a conselleira, propiciarase a mellora de 370 explotacións e apoiarase a incorporación de 320 mozos (menores de 40 anos) e de 133 novos agricultores (de 41 a 55 anos). Trátase pois, duns 800 expedientes en total. Nesta liña, Gómez trasladou que tamén se xestionan e axilizan as axudas da PAC e que, de feito, Galicia está a liderar os pagos das achegas directas co 83% do total aboado fronte ao 56% da media estatal.

En parecidos termos, a conselleira subliñou o Plan para fomentar a remuda xeracional, que se sustentará na formación, a incorporación e a sensibilización para afianzar o futuro do rural galego e que, entre outras medias, contempla o Banco de explotacións, para propiciar o contacto entre titulares de explotacións que cesan ou van cesar a súa actividade e as persoas interesadas en asumir a súa xestión, mediante compra ou arrendamento.

Do mesmo xeito, a conselleira recordou que a Xunta apoia á distribución e á industria propiamente vinculada ao sector primario e, con respecto a esta última, desde 2016 o Goberno galego xestionou axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios cun orzamento conxunto de máis de 195 millóns de euros. Estas achegas subvencionaron investimentos por un importe total de máis de 628 millóns e permitiron o desenvolvemento de máis de 550 proxectos tractores para a nosa comunidade.

 

Calendario de Eventos

Equina
11 - 13 Xullo 2025
 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 3 agosto 2025 
 
XGN INTERMAX
10 - 12 outubro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal