A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA incrementa a súa facturación en 2023 nun 4%, superando os 33,7 millóns de euros

Silleda, 20 de decembro de 2023.- A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, que segue mantendo a súa condición de única poxa informatizada de España e que celebrou onte a última sesión do ano, pechou 2023 cunha asistencia de 50.610 reses e unha facturación de 33.728.228€.

Así, as cifras da Central situáronse en canto a asistencia total ás súas poxas nun 0,1% máis que o ano pasado, cando concorreran 50.565 reses nas súas tres categorías: vacún maior, becerros de recría e becerros carniceiros. En canto á facturación, supuxo un 4% máis que en 2022, cando alcanzara 32.430.068€

Por categorías, nos becerros de recría concorreron 30.921 reses, un 4% máis que en 2022, cando acudiran 29.718. Unha liña continuista respecto ao ano pasado, con ciclos de alta e baixas ao longo do ano en función da programación dos nacementos, e que incrementa a asistencia respecto a 2022 esencialmente porque foi aumentando a valoración da Central como mercado para dar saída aos becerros de entre 3 e 5 meses, os chamados “pasteiros”, os cales se incrementaron na poxa pola boa venda que están a ter.

As transaccións nesta categoría aumentaron de forma considerable, tanto polo seu aumento en asistencia como porque segue habendo unha importante demanda por parte dos cebadoiros, que queren responder á boa saída que está a ter a carne. En canto ás transaccións, foron de 8.247.977€, un 29,5% máis que en 2022, cando ascenderon a 6.364.764€. Respecto aos seus prezos medios, en frisón soben un 7,15% respecto a 2022 (de 104€/unidade a 112€/unidade), en cruces aumentan un 22,5% (de 283€ a 347€) e en louros soben un 23,6% (de 388€ a 480€).

En vacún maior, rexistráronse durante 2023 un total de 13.657 exemplares, un 12,3% menos que o ano pasado, cando foron 15.585 exemplares, un descenso que influíu para que neste exercicio o crecemento no total de reses asistentes á Central fose moi moderado. A facturación desta categoría foi un 9% menor, ao pasar dos 21.626.770€ de entón aos 19.669.690€ de agora. Este descenso na categoría débese a dous factores. Por unha banda, o ano pasado produciuse un gran número de vendas destes animais pola incerteza provocada nos gandeiros ante a ameaza de seca na produción de forraxe e tamén ante os prezos dos insumos naquel momento. Por outra banda, xerouse unha demanda moi forte e fóra do habitual, que mesmo se prolongou ata este verán, da carne deste tipo de animais, especialmente dos de maior calidade, incrementando as operacións e prezos. Este ano xa non existiu esa incerteza por parte dos gandeiros e ao mesmo tempo moderouse esa excepcional demanda dende o verán, polo que o mercado estivo e está a regularse, xerando cifras á baixa tanto en compravendas como en prezo.

Así, o prezo medio da categoría Extra moderou a súa subida, ata un 4,7% (de 2.037€/unidade a 2.133€/unidade) e no resto de categorías o prezo medio descendeu, un 0,8% en Primeira (de 1.157€ a 1.148€), un 1,2% en Segunda (de 765€ a 755€) e un 0,5% en Desfeito (de 466€ a 464€). O prezo medio do conxunto da categoría na Central subiu un 4,2% (de 1.481€ a 1.544€), bastante inferior ao incremento do ano pasado, de máis dun 29%, pero positivo debido a que a Central, xunto cos servizos veterinarios, segue apostando por que os animais de calidades inferiores non pasen polo mercado e vaian directamente ao matadoiro, evitando así a estes animais de maior idade traxectos que inflúen no seu benestar, e conseguindo tamén eliminar reses de mala calidade en favor das de mellores categorías, co consecuente aumento de prezos medios na categoría.

Respecto aos becerros carniceiros, a súa asistencia situouse en 6.032 reses, aumentando un 14,6% respecto a 2022, cando acudiran 5.262 exemplares. Uns datos que reflicten, por unha banda, unha alta demanda destes animais por parte dos carniceiros, e, por outra, que a Central seguiu incorporando novos compradores deste tipo de animais e ao mesmo tempo seguiu incrementado a confianza dos gandeiros para a súa venda.

Consecuentemente as súas transaccións aumentaron un 30,9% respecto a 2022, aumentando dos 4.438.534€ aos 5.810.561€. O prezo medio no conxunto da Central medrou un 13,3% (de 933€/unidade a 1.058€/unidade), mentres que por categorías os frisóns rexistraron un prezo medio de 682€/unidade, un 10,9% máis que en 2022 (cando fora de 614€/unidade); os cruces situáronse en 1.024€, un 13,3% máis que o ano pasado (situábanse en 904€) e os louros en 1.132€, un 13,1% máis (o pasado exercicio era de 1.001€)

Continúan os rexistros máximos

Este ano a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA superouse en numerosas ocasións nas súas distintas categorías.

En canto aos becerros carniceiros, batéronse marcas en todos os aspectos, e varias veces ao longo do ano nalgúns casos. Así, onte mesmo alcanzáronse o maior volume de transaccións nunha sesión, con 215.538€ €, e a maior asistencia, con 217 animais. Tamén o 25 de xullo rexistrouse o seu maior prezo medio, situándose en 1.155,19€, mentres que o 2 de maio pagouse o prezo máis alto por un exemplar de becerros carniceiro, 2.201€. Respecto a os becerros de recría, o prezo medio superouse tamén varias veces, situándose nestes momentos os 340,98€ que se alcanzaron o 20 de xuño, ademais de acadarse o maior volume de transaccións da categoría na historia da Central o 8 de agosto, con 241.294€.

Polo que se refire a vacún maior, o 11 de abril adxudicouse un exemplar (un boi) co segundo maior prezo desta categoría na historia do mercado, o cal foi adquirido por 10.367€ (por encima deste exemplar soamente se sitúa outro boi que alcanzou 10.469€ en marzo de 2022). Así mesmo, dentro desta categoría rexistrouse o 30 de maio a vaca con maior prezo pago na Central, con 7.139€.  Sumouse o maior prezo medio da categoría, 1.915,24€, rexistrado o 11 de abril.
 

Calendario de Eventos

  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023
 XGN R ENCOUNTER
13 - 15 outubro 2023
Equina
28 - 30 Xullo 2023
 
 Procesos selectivos Xunta de Galicia
- Diversas categorías
1 - 2 xullo 2023
 
 Procesos selectivos Xunta de Galicia
- Diversas categorías
8 - 9 xullo 2023
Concursos Belleza Canina
22 - 23 xullo 2023
 
 Procesos selectivos Sergas
- Diversas categorías
24 - 25 xuño 2023
  Abanca Semana Verde
45 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

8 - 11 xuño 2023
  Salimat Abanca
26 Salón de Alimentación do Atlántico
8 - 11 xuño 2023
 Fecap Abanca
IX Feira de Caza, Pesca e Natureza
8 - 11 xuño 2023
 

Turexpo Galicia
XII Salón Turístico de Galicia
8 - 11 xuño 2023

 Festur
IX Feira das Festas de Interese Turístico
8 - 11 xuño 2023
 
 
Flash Market Galicia
17 - 19 marzo 2023
 AquaFuture Spain'23
28 - 30 marzo 2023
 
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
2 - 4 marzo 2023
 EXPOFERR 2023
9 - 11 febreiro 2023
 Galiforest ABANCA 2021
VI Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

30 Xuño - 2 xullo 2022
Enerxétika. Feira de Enerxía
3 - 5 febreiro 2022

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal