O I Salón Outletcar Silleda mostra dende mañá máis de 500 vehículos con importantes descontos e vantaxosas condicións


Silleda, 13 de setembro de 2018.-

Vídeo da presentación: https://www.youtube.com

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá dende mañá ata o vindeiro domingo o I Salón Outletcar Silleda´18, o cal foi presentado oficialmente esta mañá no recinto.

No acto estiveron presentes David de María, encargado da dirección comercial do evento, e  Juan Lijó, responsable de comunicación, quen indicou que este certame se celebra motivado polos bos resultados do I Motor Okasión Galicia, levado a cabo pola mesma empresa no recinto entre o 28 de abril e o 1 de maio. Nesa cita as “ventas foron boas”, coa consecuente satisfacción dos expositores, e comprobaron que “a xente ten ganas de vir”  a eventos deste tipo, “que non hai na comarca”, acudindo desde distintos puntos de Galicia. Un feito que o converte “nun referente con interese a nivel comercial”.

Sobre este novo certame destacou a importante participación de concesionarios oficias, relevante “pola confianza” que amosan ao salón, e tamén as interesantes condicións que se encontrarán os visitantes, como a financiación, a garantía ou o aforro, que “pode chegar ata 1.500 ou 2.000 euros nun coche de alta gama”. Por todo isto, subliñou, que para o público será “moi interesante comprar en feira”, ao tempo que para as empresas suporá “vender un volume grande nun fin de semana”.

Así mesmo, Lijó agradeceu as facilidades da Fundación Semana Verde de Galicia para celebrar o Outlecar e informou de que durante o mesmo estará operativo o parque multiaventura ExpoAventura Silleda 2018, no mesmo horario da feira (mañá e tarde) e con acceso polo propio evento, con entrada única. Así, ofrecerase unha proposta de ocio complementaria para as familias.

Por outra banda, acompañou aos organizadores Ricardo Durán, director da Fundación Semana Verde, quen fixo fincapé en que esta cita sumada ao Motor Okasión supón “consolidar a apertura da entidade feiral a un sector que encaixa perfectamente” e que ten “vocación de permanencia”, ao tempo que fai que “a carteira de eventos da Fundación se vexa reforzada”.

Outletcar Silleda

Esta cita, organizada pola empresas OK Eventos, estará centrada en turismos seminovos, quilómetro cero e de ocasión.

Mostraranse en torno a 520 vehículos que ocuparán unha superficie de 11.000 metros cadrados, a cal se corresponderá co pavillón 1 do recinto feiral. Nesta ampla oferta haberá opcións económicas e tamén propostas de alta gama, de todas as marcas e modelos.

O coste da entrada será de 3€ por persoa e día, se ben os menores de 16 anos poderán acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira, que contará con servizo de restauración, será de 10.00h a 20.00 h os tres días de celebración.

O evento conta con todo o seu espazo completo e 19 empresas participantes. Os concesionarios oficiais son Xaquín Ford, de Padrón; Balpersa, de Ourense; e Opel Bétula, Hyupersa, Yañez e Noyamovil, todos de Santiago de Compostela. En canto aos establecementos de compravenda, entre os participantes figuran Auto Ilusión, de A Guarda; GR Cars, de Noia; RS Automoción, de Vilagarcía de Arousa; CCK, de Vilanova de Arousa, Autos Diz, de Tui; Si Buscas Coche, de Santiago de Compostela; RS Cars, de Lalín; Senra Sport, de Dumbría; Galaicar, de Meis; MG Deluxe, de Redondela; Outes Motor, de Serra de Outes; Mi Carro, de Ourense; e Petcar, de Vilagarcía de Arousa.

Dez eventos de aquí a fin de ano

Durante a presentación do I Salón Outletcar Silleda, Ricardo Durán tamén quixo destacar que o certame será a primeira das dez citas que a Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá no que resta de ano.

A estes eventos por celebrar súmanse 15 xa desenvolvidos, o que supón que o recinto contabilizará a finais de 2018 un total de 25 citas, un 78% máis que en 2017, cando o calendario da entidade feiral acollera 14.

Unha “explosión de actividade” na que Durán subliñou a importancia de que a Fundación Semana Verde de Galicia tamén se apoie nos organizadores externos para o seu “proceso de crecemento”.

 

Calendario de Eventos

Equina
11 - 13 Xullo 2025
 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 3 agosto 2025 
 
XGN INTERMAX
10 - 12 outubro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal