Unha nova feira centrada no transporte de viaxeiros por estrada incorpórase o 26 e 27 de outubro ao calendario da Feira Internacional de Galicia ABANCA


Silleda, 13.4.2018.- O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA celebrará os días 26 e 27 de outubro a primeira edición dunha nova feira centrada no transporte de viaxeiros por estrada.

Así se decidiu esta mañá nunha primeira reunión de traballo que estivo presidida polo director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, quen expresou a “colaboración cen por cen” da Administración galega, e á cal acudiron representantes de destacadas empresas do sector, como Man, Scania, Iveco, Volvo e King Long.

Este encontro inicial, que tivo lugar nas oficinas do recinto feiral, dará paso a nunha reunión do comité organizador prevista para o mes de xuño co propósito de avaliar a marcha da feira. Mentres, nos vindeiros días, establecerase o nome e imaxe corporativa do certame, ademais doutros aspectos relativos ao seu desenvolvemento.

Este salón estará especializado no transporte de viaxeiros por estrada, sendo o seu obxectivo converterse en punto de encontro para empresas e profesionais vencellados a este ámbito

Será un escaparate no que se mostrarán as novas tendencias no sector, así como as innovacións que poda presentar a súa industria auxiliar e servizos relacionados. Así mesmo, a súa vertente expositiva completarase cun programa de actividades relacionadas, entre as cales se incluirán conferencias, presentacións, demostracións ou reunións sectoriais.

Este proxecto dará continuidade á feira do sector do trasporte celebrada ata datas recentes no recinto Expourense, o cal pasa a testemuña á Feira Internacional de Galicia ABANCA  para levar a cabo este novo evento desexándolle que sexa un éxito nas súas instalacións.

Novos eventos e sectores

Coa organización deste salón a Feira Internacional de Galicia ABANCA segue a incorporar novos eventos ao seu calendario de 2018, sumando este certame ao encontro da firma de maquinaria agrícola New Holland celebrado o pasado martes e ao I Salón Motor OKasión Galicia, que terá lugar do 28 de abril ao 1 de maio.

Así mesmo, con este certame a entidade feiral inclúe un novo sector no seu ámbito de traballo e segue a avanzar no seu obxectivo de diversificación da actividade.

 

Calendario de Eventos

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 

Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

Equina
11 - 13 Xullo 2025
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal