Turexpo Galicia 2025 destaca en Fitur o seu crecemento e aportación ao turismo galego

Silleda, 23 de xaneiro de 2025.- A feira Turexpo Galicia presentou onte pola tarde no salón turístico Fitur, en Ifema Madrid, a súa cita para 2025, a cal terá lugar de 5 ao 8 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra).

No acto, que tivo lugar no stand de Galicia baixo o título “Turexpo Galicia 2025: O sector do turismo aumenta presenza nunha Abanca Semana Verde en crecemento”, interveu a deputada provincial de turismo de Pontevedra, Nava Castro, quen se referiu a Turexpo como un gran encontro de turismo nunha provincia extraordinaria como é Pontevedra, a cal, sinalou, tamén pode presumir de espazos tan ben capacitados como a Feira Internacional de Galicia ABANCA. Un recinto cunha ampla traxectoria e moi estreitamente ligado co medio rural e o turismo rural, os que considerou piares fundamentais en Galicia e que deben ir da man para impulsar o desenvolvemento económico e xerar riqueza, non sendo alleos aos desafíos do despoboamento e o abandono do rural. Un aspecto no que indicou que Turexpo Galicia é unha gran embaixadora, cunha aposta firme polo interior e o rural tanto polos destinos presentes como pola súa propia sede en Silleda.

Así mesmo, enxalzou o “crecemento espectacular” da feira na pasada edición, con aumento dun 2,6% na súa superficie e un 3,1% en expositores, entre os que destacaron destinos de Portugal e do conxunto xeográfico de España, e entre eles a Deputación de Pontevedra. Presenza desta en Turexpo que, dixo, repetirase este ano coa súa campaña “Cando volves?”, a cal se presenta hoxe en Fitur.

Tamén formou parte da presentación o presidente do ente rexional Turismo do Porto e Norte de Portugal, Luis Pedro Martins, quen apuntou que volverán estar presentes en Turexpo Galicia este ano coa participación de preto de trinta entidades, considerando á feira unha oportunidade de promoción do seu territorio. Ademais, sinalou que darán continuidade ao traballo que veñen facendo con Galicia nos últimos tempos nun momento no que existe con esta Comunidade unha gran proximidade e proxectos conxuntos innovadores, como a creación do primeiro clúster de turismo dunha eurorrexión no seo de toda a Unión Europea, con accións xa concretadas. Rematou salientado as cifras que conseguen ambas as rexións con este traballo, as cales cualificou de “fantásticas”, e subliñando que Galicia pode seguir contando con Portugal.

Pola súa banda, Ricardo Durán, director da Fundación Semana Verde de Galicia, organizadora de Turexpo Galicia, destacou os resultados do certame e a súa Bolsa de Contratación, os cales, considerou, achegan ano tras ano o seu gran de area aos récords de turistas que segue batendo Galicia. Non en balde, apuntou, a Bolsa propiciou máis de 2.300 reunións de negocio entre 160 empresas e destinos e 33 operadores turísticos con presenza en 11 países, mentres que a súa exposición volveu rexistrar cifras récord tanto en número de participantes como en superficie.

Durán tamén subliñou a oportunidade que supón tanto para Galicia como para o resto de destinos presentes na feira o recibir unha cifra de visitantes que adoita roldar, en función do ano, os 100.000 visitantes, preguntándose onde pasar o seu tempo de lecer. Ademais, quixo referirse á singularidade que supón contar con máis de cincuenta celebracións presente na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), as cales representan unha parte importante da idiosincrasia de Galicia. Todo iso no marco dunha Abanca Semana Verde que alcanzou en 2024 a mellor cifra de expositores directos do últimos dezasete anos, con 746 empresas participantes.

Turexpo Galicia 2025


O Salón Turístico de Galicia celebrará este ano a súa 14ª edición, enmarcada na que será a 47ª convocatoria da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Co apoio da Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia, prepárase para conformar un efectivo espazo no que os profesionais poidan crear colaboracións, intercambiar coñecementos e xerar negocio, á vez que se converterá nun atractivo escaparate de propostas e destinos para o público final. Á súa proposta expositiva e de actividades, Turexpo Galicia volverá sumar a vistosa Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e tamén a súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística, na que se seleccionará un importante número de operadores e incorporaranse máis países emerxentes como emisores de turismo co obxectivo de multiplicar as posibilidades de negocio.

Con todo isto, Turexpo Galicia 2025 constituirá de novo unha importante ferramenta de promoción económica e un valioso punto de encontro para todo o sector.
 

Calendario de Eventos

 
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 

Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023
 XGN R ENCOUNTER
13 - 15 outubro 2023
Equina
28 - 30 Xullo 2023
 
 Procesos selectivos Xunta de Galicia
- Diversas categorías
1 - 2 xullo 2023
 
 Procesos selectivos Xunta de Galicia
- Diversas categorías
8 - 9 xullo 2023
Concursos Belleza Canina
22 - 23 xullo 2023
 
 Procesos selectivos Sergas
- Diversas categorías
24 - 25 xuño 2023
 
 
Flash Market Galicia
17 - 19 marzo 2023
 AquaFuture Spain'23
28 - 30 marzo 2023
 
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
2 - 4 marzo 2023
 EXPOFERR 2023
9 - 11 febreiro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal