O actual campión do mundo de agility impartirá un seminario sobre este deporte canino do 7 ao 9 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA

Silleda, 28 de febreiro de 2025.- O ring verde do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá de novo un seminario de agility organizado pola asociación Galician Agility Festival.

Esta acción formativa, que terá lugar do 7 ao 9 de marzo, será impartida por Adrián Bajo, agilitista madrileño que comezou desde moi pequeno neste deporte canino e que é o actual campión de mundo de agility. Un formador que supuxo que en dúas horas se esgotasen as vinte prazas dispoñibles, as cales serán ocupadas por afeccionados de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela León. Estes aprenderán, entre outros aspectos, a crear un bo vínculo co can, a construír unhas boas bases do xogo e a condución en pista.

Este seminario, que é o quinto organizado pola asociación Galician Agility Festival, terá lugar o venres pola tarde, o sábado todo o día e o domingo pola mañá.

A súa celebración é un paso máis da asociación no seu obxectivo de dotar a Galicia de eventos formativos e competitivos con atractivo tanto a nivel nacional como internacional. Un propósito para o cal escolleron a Feira Internacional de Galicia ABANCA como base das súas actividades debido tanto ás súas instalacións como á súa localización no centro de Galicia.

Próximas actividades, en abril e maio


A Galician Agility Festival intensificará as súas actividades este ano 2025, tendo xa programadas outras propostas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Así, do 25 ao 27 de abril terá lugar outro seminario, coa agilitista Verónica Odone, mentres que do 1 ao 4 de maio levarase a cabo a primeira proba da asociación, en colaboración con Canedupo, a cal será cuádrupla e con dous xuíces nacionais. Así mesmo, dende a entidade séguese perfilando nestes momentos un gran evento internacional.
 

Calendario de Eventos

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 

Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

Equina
11 - 13 Xullo 2025
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal