Enerxétika e ExpoMunicipal volverán reunir aos sectores enerxético e municipal nunha dobre cita feiral que será do 25 ao 27 al marzo de 2026

Silleda, 5 de febreiro de 2025.- A dobre cita feiral do salón de enerxía Enerxétika e o certame de servizos municipais ExpoMunicipal celebrarase do 25 ao 27 de marzo de 2026 na Feira Internacional de Galicia ABANCA, tal e como decidiu hoxe o seu comité organizador nunha reunión mantida no recinto feiral.

Unha cita que supoñerá a quinta edición de Enerxétika e a segunda para ExpoMunicipal e que implicará de novo a coincidencia de empresas, administracións e profesionais de ambos os certames.

Ademais de determinar estas datas, no encontro tamén se analizaron outros aspectos para comezar a traballar xa nestas convocatorias, como a promoción ou os resultados das anteriores edicións, cando máis de 5.300 visitantes de España e Portugal puideron ver as últimas novidades do sector enerxético e municipal de 520 firmas expositoras de 24 países representadas por 181 expositores directos de España, Portugal, Andorra, Francia, Italia, México, Israel e República Checa.

Apoio de ambos sectores

O encontro contou coa presenza de máis de trinta empresas, cústers e departamentos da Xunta de Galicia, os cales non só reafirmaron o seu compromiso cos certames, senón a súa consideración de que supón un acerto celebrar de formar paralela dúas feiras con obxectivos comúns e con gran capacidade de crear sinerxías.

Presidiron a reunión os directores xerais de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, e de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, acompañados da subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, Raquel Bahíllo; a subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local, Beatriz Díaz; e a xerente do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Silvia Cortiñas.

Ademais, o encontro contou con representación, no ámbito dos servizos municipais, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fagamp), Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), Asociación de Persoas con Mobilidade Reducida (AsoPMR), Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Ciudades que Caminan, Ferrovial, Baygar, Coregal, Formato Verde, Gestagua, Solmes e Urdime. En canto ao sector enerxético participaron representantes do Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega), Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), Centro Tecnolóxico da Eficiencia e a Sustentabilidade Enerxética (Energylab), Clúster da Biomasa de Galicia, Dirección Territorial de Comercio e Icex en Galicia, Federación Galega de Entidades Empresariais de Instalacións e Mantemento (Fegafón), Federación Galega de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións (Fegasinel), Asociación de Empresas do Cerramento de Galicia (Acegal), Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia, Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Ecogal, EiDf, Iberdrola, Repsol e Abanca.
 

Calendario de Eventos

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 

Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

Equina
11 - 13 Xullo 2025
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal