O agility reinará na Feira Internacional de Galicia ABANCA do 1 ao 4 de maio cunha gran competición deste deporte canino, a Cuádruple Canedupo

Silleda, 23 de abril de 2025.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA converterase en espazo de referencia para o agility do 1 ao 4 de maio. Será coa celebración da Cuádrupla Canedupo, unha competición de catro días que será a primeira organizada pola Galician Agility Festival e que contará con gran nivel.

Así, esta cita conta a data de hoxe coa inscrición de máis de 130 binomios de distintos países. Cifra que espera incrementarse notablemente e na que se inclúen figuras tan importantes dentro do agility como Axular Casado, Marita Ogilvie, Johana Michalska, Óscar Morais, Alejandro Sequeiros, Jacobo Martí ou Verónica Odone.

Esta última, campioa do mundo en 2023 deste deporte canino, está ademais estes días impartindo clases individuais en distintos puntos de Galicia, principalmente no recinto feiral, onde xa o fixo onte e seguira a facelo hoxe, mañá e os días 28, 29 e 30 de abril.

A competición contará con dous dos máis prestixiosos xuíces españois a nivel internacional, o canario Héctor Ramírez e o vasco Pedro Martínez. Estes xulgarán unha proba cada día, ademais do Open Nudesa, o cal se celebrará o sábado 3 de maio e repartirá premios para os tres primeiros clasificados. O segundo e terceiro clasificado de cada categoría recibirán un trofeo, un agasallo dos patrocinadores da competición e unha inscrición para a Galican Agility Cup, mentres que o vencedor sumará a estes un premio en metálico de 200€.

Galican Agility Cup, un mega evento internacional

Ademais desta competición, a asociación Galician Agility Festival, está xa inmersa nos preparativos dunha gran cita, a Galican Agility Cup, un evento itinerante que é un dos máis importantes e esperados do mundo do agility.

Celebrado coa colaboración da empresa galega Galican e que tamén terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, estenderase do 29 de xullo ao 2 de agosto. Competicións, seminarios, relatorios e outras actividades relacionadas co mundo do can e do agility, conformarán o seu programa.

As inscricións deste mega evento internacional van a moi bo ritmo, con máis de 140 binomios de 12 países, os cales serán xulgados por Stefannie Semkat, Jocke Tangfelt, Héctor Ramírez e Philipp Glur. Pola súa banda, os seminaristas serán Kim Barreau, Verónica Odone, Dani Fischbach e Adrián Bajo, actual campión do mundo de agility.
 

Calendario de Eventos

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 

Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

Equina
11 - 13 Xullo 2025
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal