Esta ampla oferta, que segundo a organización conforma a maior mostra de vehículos de segunda man en Galicia, céntrase ata o domingo na venda de turismos de todos as marcas, modelos e prezos.
Ocupa os dous pavillóns principais do recinto e, por primeira vez, tamén hai unha ampla exposición en exterior, situándose fronte ao pavillón 1. En total o salón conta cunha superficie de máis de 20.000 metros cadrados.
Están presentes 35 empresas procedentes de toda Galicia, aínda que especialmente de Pontevedra e Vigo, tanto de compra-venda como de concesionarios. Todas elas ofrecen interesantes garantías e descontos que nalgúns casos alcanzan os 10.000 euros.
O horario do certame é durante os tres días de 11.00 horas a 21.00 horas. A entrada ten un prezo de 3 euros, aínda que os nenos menores de 12 anos poden entrar de forma gratuíta.
O salón conta nesta ocasión cunha interesante novidade. Todos os visitantes que compren un vehículo durante a súa celebración entrarán no sorteo de 4.000 euros.
Propostas desde 2.000 a 200.000 euros
O III Salón Motor Ocasión Galicia ofrece unha ampla gama de prezos. Así, os visitantes que acudan ao recinto ata o domingo poden atopar coches desde algo máis de 2.000 euros ata automóbiles de alta gama que alcanzan os 200.000 euros.