Institución feiral
O recinto Feira Internacional de Galicia, inaugurado en 1996 pola súa Maxestade o Rei D. Juan Carlos I, é un parque de exposicións de categoría internacional. Situado na localidade de Silleda, no centro xeográfico de Galicia (España), a 35 kilómetros do Aeroporto Internacional de Santiago de Compostela e a menos de dúas horas de tódolos Aeroportos e principais Portos Marítimos de Galicia, este recinto feiral internacional ten unha área de influencia directa de 10 millóns de persoas que viven no noroeste da Península Ibérica.
Este parque de exposicións pertence á Fundación Semana Verde de Galicia, que xestiona o recinto e as súas actividades. Leva 33 anos traballando na promoción e organización de certames feirais nos que se efectúan importantes transaccións, así como tamén na apertura de novos mercados.
A Feira Internacional de Galicia constitúe unha ponte comercial entre Europa e América e é un centro de actividades congresuais, formativas e asociativas para o desenvolvemento rural e rexional. Ten unha extensión total de 428.000 m2 con 55.000 m2 destinados a áreas de exposición e un edificio central de 7.050 m2