Os motores volverán ruxir o 9 e 10 de decembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA co Motor Show 2023

Silleda, 1 de decembro de 2023.- Motor Show Galicia volve ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA os días 9 e 10 de decembro, organizado de novo por Sac Events.

Nesta terceira edición o certame dará un gran salto de calidade. Así, o evento ofrecerá unha gran exposición de coches de competición, de rally e clásicos, entre os que haberá coches exclusivos e modelos únicos. Ademais, contará cunha gran variedade de equipamento e accesorios.

Esta exposición non soamente será no interior dos pavillóns, senón que, ante a gran demanda para participar, os organizadores decidiron que tamén se estenda á zona exterior do recinto.

Un espectacular programa

A esta exposición engadirase un rechamante programa que aínda se esta pechando pero que contará con gran atractivo. Incluirá multitude de propostas, desde exhibicións de drift (condución a altas velocidades con espectaculares manobras) con pilotos profesionais, drif nocturno ou un campionato de coches teledirixidos ata exhibicións de quads, presenza de coñecidos influencers ou sorteos.

Estes últimos serán moi interesantes, sendo algúns deles de entradas de copilotaxe nalgunha quenda de drift, un ceramicado (tratamento cerámico para vehículos) ou mesmo coches.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal