SEDEXPO reunirá de novo aos sectores de seguridade, defensa e emerxencias do 28 ao 30 de novembro

Silleda, 1 de febreiro de 2023.- A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, volverá celebrarse do 28 ao 30 de novembro deste ano na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Deste xeito, o certame levarase a cabo dous anos seguidos para axustar a súa presenza no calendario e pasará logo a ser bienal, tendo lugar en 2025.

A entidade feiral reuniuse recentemente con representantes de empresas do sector para esta segunda edición. O encontro incluíu tanto presenza física dalgúns deles no recinto como participación telemática e nel analizáronse os resultados da pasada edición e tamén aspectos organizativos desta nova cita, na que se pretende seguir mellorando e ofrecendo aos expositores e visitantes un espazo de referencia.

O encontro contou con representantes de importantes empresas dos sectores de SEDEXPO, como foron Aeromedia, Airbox, Cristanini, Disnainga, GSI, IDS-Infodefensa.com, Incipresa, Inforhouse, Navantia, Sabico, Senso Ingeniería, Technical Uniforms, Umiles e Zebra,

Estes estiveron acompañados do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias da Xunta de Galicia, Marcos Araújo, ademais dun equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Encontro co ámbito asociativo

Co obxectivo de avanzar na organización de Sedexpo 2023, a Feira Internacional de Galicia ABANCA tamén se reunirá proximamente coas asociacións e colectivos dos sectores implicados.

Así, seguirá construíndo un foro co que se pretende explorar oportunidades de colaboración, establecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio, coñecer novidades e fomentar a cultura de seguridade e defensa no cidadán.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal