A AFE constata que a actividade feiral está xa normalizada e prevé un exercicio similar ao dos anos prepandemia

Madrid, 20 de xaneiro de 2023.- A Asociación de Feiras Españolas (AFE) celebrou a súa Asemblea Xeral nas instalacións de IFEMA MADRID, aproveitando a celebración de FITUR, Feira Internacional de Turismo, como xa é habitual.

Os membros da asociación repasaron as actividades de 2022 e aprobaron as contas anuais e o orzamento de ingresos e gastos para 2023, así como as actividades previstas para este ano. A Asemblea tamén ratificou a incorporación de tres novos membros integrados na asociación para mediados do último exercicio, NEBEXT-Next Business Exhibitions, Easyfairs Iberia e Montecolino Ibérica, dos que xa se fixo pública a súa admisión no seu día.

Unha vez finalizada a reunión, o presidente de AFE, Xabier Basañez, declarou: “Tras un ano 2022 que inicialmente xa cualificabamos como o da consolidación e recuperación do sector, este exercicio que agora comeza celebraremos un número de eventos programados polos membros da nosa asociación similar ao dos anos prepandemia e tamén prevemos o crecemento de todos os parámetros que definen a evolución da actividade feiral”.

FITUR é a primeira feira de ámbito internacional que se celebra este ano en España e cun aumento significativo nos seus principais indicadores. Para o noso sector é unha excelente noticia que esta e outras feiras sigan celebrándose con boas perspectivas e que expositores e visitantes poidan aproveitar todas as vantaxes derivadas da celebración ao 100% das súas posibilidades, facilitando o encontro e as oportunidades de negocio entre eles, nun momento no que os diferentes sectores económicos que fan uso das feiras comerciais necesitan este tipo de instrumentos dinamizadores para o seu crecemento e recuperación.

A Asociación de Feiras Españolas, entidade sen ánimo de lucro que se constituíu en 1964, conta con 34 membros asociados e representa un 90% da actividade feiral no noso país. As feiras comerciais en España xeran un impacto anual estimado en 13.000 millóns de euros (impacto directo, indirecto e inducido), o que supón unha contribución ao PIB nacional de 6.500 millóns de euros e a xeración de 123.000 empregos directos e indirectos. España atópase entre os principais países de Europa en materia de feiras, xunto con Alemaña, Francia, Italia e Reino Unido.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal