Esta novena edición do evento, a máis internacional e con maior número de ganderías participantes, incluíu cinco importantes competicións e outras actividades ecuestres, como foron bautismo hípico para os máis novos, un espectáculo ecuestre e unha xornada sobre "Aplicacións da Xenómica no Programa de Cría do PRE e beneficios para o gandeiro. Grupo Operativo EQUIGENOM", a cargo da Real Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE).
O IX Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, concurso morfofuncional que é o eixo central do evento e valora tanto a morfoloxía como os movementos, levou a cabo esta mañá as súas seccións de eguas de 7 ou máis anos. Xa ao mediodía celebrouse a súa entrega de premios, na cal participaron o xefe do Servizo de Gandería en Pontevedra da Xunta de Galicia, Víctor Muñoz; o presidente de ANCCE, José Juan Morales; o presidente de ACCEGA, Manuel Benavides; o subdirector do Libro Xenealóxico do PRE e director técnico do Programa de Mellora de ANCCE, Pedro J. Azor; o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán e o ex presidente desta Fundación, José Maril, ademais de diversos membros de ACCEGA.
O Campión do concurso foi Faraón JF V, propiedade da Yeguada JF Miño, de Alacante, mentres que a Campioa foi Rociera de Vida, da gandería Villanueva Dacasa, de Arzúa (A Coruña). Como subcampións alzáronse, en machos, Mohicano de Martet, da gandería Erika e Moreno, de Italia e, en femias, Nevada Salvatella III, de gandería Parayes, de Asturias.
En canto ao Campión e a Campioa Xoven foron, respectivamente, Felino de Discípulo, de gandería El Discípulo, de Barcelona, e Corvina Alboran, de Yeguada Los Romeros, de California (EE.UU). Como Subcampións Xóvenes alzáronse, en machos, Revoltoso Sinia II, de Yeguada SA Sinia (Palma de Mallorca), e en femias, Festa de Centurión, de Yeguada Aqualia, de Bélxica.
O campión adulto de Mellores Movementos foi Jaque Mater, da gandería Manuel Borge, de Costa Rica, mentres que a campioa foi Rociera de Vida, da gandería Villanueva Dacasa. A campioa xoven de Mellores Movementos foi Festa de Centurión, de Yeguada Aqualia, de Bélxica, mentres que o subcampión foi Lisonjero de Vida, da Yeguada Gran Vida, de León. En Funcionalidade o campión e subcampión foron, respectivamente, Seni Torero IV, de gandería Fernández Nieto, de Ourense; e Faraón JF V, propiedade da Yeguada JF Miño, de Alacante.
Respecto á Mellor Gandería, alzouse co título Yeguada JF Miño, de Alacante. O mellor xinete foi Aitor Manso Pérez, mentres que os mellores presentadores foron, en adultos, Diego González López, e en junior, Laura Fernández González.
En canto aos premios concedidos por ACCEGA neste concurso, o mellores poldro e poldra nacidos en Galicia foron, respectivamente, Lisonjero de Vida, propiedade da gandería Gran Vida, de León, pero nacido en Arzúa, e Atlanta de Vida II, da gandería Villanueva Dacasa, de Arzúa.
Nesta edición o Concurso, concedeu por primeira vez premios en metálico como apoio ao sector gandeiro de competición, os cales foron concedidos á mellor gandería, aos campións adultos e mozos de movementos, aos mellores poldros e poldras nacidos en Galicia de entre 2 e 3 anos e tamén ao mellor presentador e xinete.
Nesta competición tres estrelas, a máxima categoría a nivel nacional concedida pola Real Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE), participaron durante os tres días noventa exemplares de 51 destacadas ganderías, a maior cifra do concurso ata o momento, as cales procedían non só da maioría de Comunidades Autónomas españolas, senón tamén doutros oito países, como son EE.UU, Nicaragua, Costa Rica, México, Italia, Francia, Bélxica e Alemaña. Un salto cualitativo, xa que ata o de agora a presenza estranxeira limitábase a un ou dous países, que se debe ao recoñecemento que o certame gañou nos últimos anos e que supón que Equina estea na axenda de ganderías estranxeiras que teñen cabalos competindo en España, os cales participan a través de presentadores nacionais para puntuar de cara ao Campionato do Mundo.
Clasificáronse os cinco primeiros de cada sección para a final do Campionato do Mundo, a cal se celebrará a finais de novembro en Sevilla, no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB).
Enganches
Este mediodía celebrouse tamén a cuarta proba oficial puntuable para a Copa Galega de Enganches, organizada pola Federación Hípica Galega en colaboración co Club de Enganches de Galicia e ACCEGA co obxectivo dar visibilidade a esta disciplina pouco coñecida para que siga medrando na Comunidade.
Concorreron unha decena de participantes procedentes de distintos puntos das provincias de A Coruña e Pontevedra, os cales competiron nas categorías de Ponis, para os máis pequenos; Limonera, consistente en carruaxes de catro rodas cun cabalo, e Troncos, tamén coches de catro rodas pero con dous cabalos.
Na categoría de Limonera, o gañador foi Diego Souto, da Coruña, mentres que o segundo posto foi para José Manuel Suárez, de Santiago de Compostela e o terceiro para Carlos Otero (A Coruña).
En Troncos o pódium estivo composto Carlos Otero (A Coruña), Manuel Magdaleno, de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Diego Souto, da Coruña.
En canto a Ponis, a primeira clasificada foi Sara Castiñeira, de Pontevedra, e o segundo, Eric Suárez, de Santiago de Compostela.
Doma
Por outra banda, Equina Galicia celebrou onte tres competicións de doma clásica que a converteron na cita máis completa desta disciplina e que contaron con récord de participantes ao alcanzar preto de 60 binomios (cabalo e xinete ou amazona). Procedían de distintos puntos de Galicia, Asturias, Estremadura, Castela-León e Madrid.
En canto ao V Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, o cal pretende fomentar as pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural galego, os resultados foron os seguintes. O binomio vencedor en Rider 2B estivo composto por Sofía Brea e Fausto Ry, mentres que en AP Preliminar foi o de Valeria Tomé e Concepción Arenal. Na categoría Alevíns Equipos o pódium estivo composto por Daniela Dorgambide con Arenal VI, Lucia Díaz con Concepción Arenal e Claudia Meaño con Califa.
Na XXV Copa Accega e o Territorial de Doma Clásica, clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica, os resultados foron os seguintes. En Preliminar Poldros 4 anos venceu Martín Míguez con Benvido CP, sendo o segundo posto para Carmen Martínez con Soñador de Trece. En Rider 3Á primeira posición foi para Sara Paz con Criasor GG e a segunda para Judit García con Enzo SCS. En Xuvenís 0* Equipos o pódium estivo composto por Martín Díaz con Fávila GF, Zoe Estévez con Tormenta e Marta Ortigueira con Oro Bravo, mentres que en Rider 1A conformárono Sofía Bauer con Arenal VI e Jaime Pedrosa, con Bruma JR II no segundo posto e con Sufridora MP no terceiro. En Clásica 1 o campión foi Aitor Manso con Capote LN e a subcampioa Nathalie Oubiña con Amadeus.
En Preliminar poldros 5 anos o primeiro posto foi para Alba Fariña con Rivana SS, sendo o segundo para Aitor Manso con Seni Toureiro IV e o terceiro para o mesmo xinete con Otelo SH. En Rider 2Aos tres primeiros postos foron para Carolina Yumey con Rufo XI, Lorea García con Amadeus e Nathalie Oubiña montando a Herodion. En Xuvenís 1* Equipos a primeira posición alcanzouna Noa Bobillo con Ebanista SH, a segunda Xiana Pérez con Poca Pena e a terceira Clara Belo con Quetzal V. En Alevíns Equipos os tres primeiros clasificados foron Sofía Paz con Concepción Arenal, Aitana Díaz con Galia e Lucía Cacabelos con Concepción Arenal. En San Jorge o binomio vencedor foi o composto por María José Mosteiro con Empaste AGS.