O III Motor Ocasión Galicia converterase do 6 ao 8 de marzo na maior exposición de vehículos de segunda man na Comunidade

Silleda, 30 de xaneiro de 2020.- O Salón Motor Ocasión Galicia desenvolverá a súa terceira edición do 6 a 8 e marzo, volvendo a escoller a Feira Internacional de Galicia ABANCA como lugar de celebración.

O certame, que estará centrado na venda de turismos de segunda man, ocupará os dous pavillóns principais do recinto e, por primeira vez, tamén zonas exteriores do mesmo. Unha ampliación que o director do certame, Rudesindo Alonso, destaca como necesaria para dar cabida a toda a demanda do evento, o cal cualifica como “a maior exposición de vehículos de ocasión en Galicia”.

Así, a máis dun mes para a súa celebración, o evento conta con máis de 30 empresas confirmadas e segue recibindo solicitudes para participar na mostra. Un éxito que fai pensar xa á organización “nunha 4ª edición con outros parámetros” e que, segundo Alonso, está respaldado tanto polo gran número de operacións efectuadas nas dúas primeiras edicións como pola gran cantidade de público. O pasado ano vendéronse máis de 400 vehículos e superáronse os 12.000 visitantes.

Entre as empresas presentes haberá representación de toda Galicia, aínda que especialmente de Pontevedra e Vigo, tanto de compra-venda como de concesionarios, as cales mostrarán vehículos de todos os prezos, marcas e modelos.

Como complemento o Motor Ocasión contará con distintas actividades que se están a xestionar por parte da empresa organizadora, Sac Events, entre elas unha mostra de coches de competición e propostas infantís. Así mesmo, haberá interesantes novidades, como o sorteo de 4.000€ entre os visitantes que merquen un vehículo no certame.

Un evento consolidado e con gran éxito


O Salón Motor Ocasión Galicia convértese con esta terceira edición nun dos eventos fixos no calendario da Feira Internacional de Galicia ABANCA. Isto supón para o director da entidade feiral, Ricardo Durán, “unha gran satisfacción, tanto pola ocupación do recinto como por contribuír ao éxito dun certame que comezou a andar en 2018 e xa está consolidado”.

Unha gran oferta, interesantes descontos e as excelentes garantías e condicións dos vehículos son para Durán as claves dun evento que espera siga medrando no recinto, o cal considera “unha localización inmellorables para un evento destas características”.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal