- O artista venezolano actuará coa súa banda durante aproximadamente dúas horas, dando comezo ás 00.00h
- A organización donará 1.500€ ao Programa Silleda Solidario, xestionado polos Servizos Sociais do Concello de Silleda, que farán posible rehabilitar a vivenda dunha familia do municipio
Silleda, 15.3.2018.- O Spring Festival celebrará a súa cuarta edición o 21 de abril, e farao cun ambicioso cartel no que xunto á orquestra Panorama e París de Noia figura a actuación estelar de Carlos Baute, que actuará coa súa banda durante aproximadamente dúas horas.Esta cita foi presentada esta mañá no Salón de Ámbito Cultural del El Corte Inglés de Santiago de Compostela, onde se destaca que a cita, na súa xa cuarta edición, consolídase e supón o pistoletazo de saída das xiras das grandes orquestras da rexión, ademais de facer unha aposta por incluír artistas da talla de Carlos Baute. A presentación en Santiago supón un gran salto para a súa difusión.
Por orde de intervención, Ricardo Durán, director da Fundación Semana Verde de Galicia, destaca que este evento musical é unha mostra máis da extraordinaria etapa que se está vivindo na Fundación, con eventos de diferentes vertentes que se complementan e enriquecen e son a razón pola cal a Fundación está a crecer como entidade. Sinala que a presentación en Santiago axudará a que a difusión do evento sexa maior.
Jorge Silva, da empresa Piñeiro Pub, organizadora do evento, sinala que este ano se quixo dar resposta ás peticións do público e o que naceu como escaparate no que as grandes orquestras presentaban a súa Xira, enriqueceuse nesta edición co Concerto de Carlos Baute, o cal actuará coa súa banda durante aproximadamente dúas horas. Sinala que o espectáculo se desenvolverá no pavillón 1 do recinto feiral, que terá un aforo de 8.280 persoas e que dende a organización quixeron que os asistentes gocen dunha noite de festa, nun recinto aclimatado e con aparcadoiro gratuíto e vixiado.
Engade que, por segundo ano consecutivo, quíxose facer unha achega de 1.500€ a unha entidade local, nesta ocasión ao Programa Silleda Solidario, que se xestiona desde os Servizos Sociais do Concello.
Pablo Alonso, en representación da Orquestra Panorama, adianta que a orquestra presentará en Silleda a súa xira, Deluxe Tour, con novidades que van dende o novo escenario, dende o que amenizarán as mellores verbenas esta tempada 2018, ata o espectáculo.
Blas, da Orquestra París de Noia, resalta que como Panorama para eles será o seu segundo ano neste Festival, no que presentarán a súa proposta para a tempada 2018, que están a ultimar, baixo o hashtag #alolocolaparis.
Manuel Cuiña, alcalde de Silleda, confirma que o que naceu como unha oportunidade para Silleda converteuse nunha oportunidade para Galicia. Agradece o esforzo aos organizadores e ao equipo da Fundación Semana Verde polo seu traballo, e adianta que a achega que doan os organizadores ao Programa Silleda Solidario fará posible rehabilitar a vivenda dunha familia do municipio que nestes momentos vive nunha infravivenda.
O Spring Festival abrirá as súas portas no pavillón 1 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA ás 21.30 horas e comezará sobre as 22.15 horas. París de Noia será a primeira agrupación en saír ao escenario, para logo dar paso a Carlos Baute ás 00.00 horas. Tras a actuación deste artista internacional será a quenda de orquestra Panorama e, ao termo, de novo o espectáculo de París de Noia.
As entradas para asistir ao Spring Festival pódense adquirir o mesmo día do evento en despacho de billetes cun prezo para todos os asistentes de 12€, pero ademais estarán dispoñibles a partir do próximo venres de forma anticipada, cun prezo de 10€.
Puntos de venda
En preventa poden comprarse na web de Abanca (entradas.abanca.com) e en numerosos puntos físicos que se corresponden con establecementos de distintos lugares de Galicia. Nesta listaxe inclúense, en Silleda, as oficinas da Fundación Semana Verde de Galicia, o restaurante Casas Novas, a cervexaría Ou Refuxio, Tendas Bernabé e a Taberna do Músico (en Bandeira). En Rodeiro despacharán entradas no Pub Quirós, en Lalín no Café Alfonselle e as Tendas Bernabé; en Forcarei no supermercado Eroski City, en Vila de Cruces en Tendas Bernabé e na Estrada tamén en Tendas Bernabé, nas cafeterías Invictus e no bar Bodedos (en Balboa – Arnois).
Fóra das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, as entradas tamén se venderán en Cuntis no Asador Foxos, en Santiago no restaurante Santa Isabel (na zona de Galeras), en Ourense (na Valenzá) no local de Móvete Galicia e na Coruña na tenda D& P (na rúa Francisco Añón)
O día 20 de marzo ás 12.00 horas pecharase a venda anticipada na web de Abanca, mentres que nos restantes puntos de venda será ese mesmo día ás 20.00 horas ou ata esgotar existencias.