Galicia acolle por primeira vez a celebración da Competición Internacional Six Days

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024.- A Federación Internacional de Motociclismo (FIM) ratificou e presentou hoxe a celebración, en Galicia, dun evento do motociclismo único: a 98º edición da “NOCO ISDE Spain 2024 – International Six Days of Enduro ISDE”, os Seis Días Internacionais de Enduro 2024. O gran evento do motor desenvolverase en varios municipios do interior de Galicia e terá o seu epicentro (paddock) en Silleda, do 14 ao 19 de outubro, sendo esta a primeira vez que se celebra na comunidade galega. Esta competición regresa así a España oito anos despois, sendo esta a quinta edición celebrada neste país. A cerimonia de inaugural celebrarase o domingo 13 de outubro na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, dando comezo así á competición nese municipio.

O evento suporá un impacto económico directo de máis de 4,5 millóns de euros, como consecuencia da actividade dos máis de 600 deportistas, entre 2.500 e 3.000 membros da organización e equipos auxiliares das 600 máquinas que competirán en Galicia durante eses días. A competición internacional foi presentada esta mañá polos representantes das federacións internacional, española e galega; o Moto club Móvete na Moto de Lalín (organizadora da proba) e a Semana Verde (sede oficial do evento).

O acto contou coa presenza de representantes das Federacións Internacional, española e galega de Motociclismo, o Club organizador e da sede organizativa, a Feira Internacional de Galicia Abanca: Gregory Ricci, Coordinador da Comisión de Enduro da FIM; Laurent Courtal, Coordinador de Comunicación e MarkeOng do Comité Organizador dos ISDE; Pedro Mariano, Race Director de Enduro e Super Enduro; Domènec Fernández, Director Deportivo da RFME; José Canda, Presidente da FGM; Ángel Arca, Presidente do Moto club Móvete Na Moto (organizador); Ricardo Durán, Director Xeral da Feira Internacional de Galicia Abanca.

As probas desta edición desenvolveranse entre o martes 15 ao domingo 20, data de clausura do evento, cando se realizará a proba final e a súa consecutiva entrega de premios. Ditas probas desenvolveranse nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense, percorrendo os concellos de Silleda, Lalín, Santiago de Compostela, A Estrada e O Irixo, sendo Silleda o lugar principal onde se situarán as oficinas, o paddock, a zona de verificacións, a zona de Training Area e o parque pechado.

Ricardo Durán, quen se mostrou encantado de que o recinto sexa a sede dun evento da importancia do 6 Days, destacou ademais como mostra da gran diversidade de eventos que este lugar pode acoller nas súas instalacións. “Hai moito traballo que facer de aquí en diante, pero sempre coa preocupación de ter o mínimo impacto a nivel ambiental e a nivel local. Imos evitar pasar polo medio da cidade para evitar accidentes e todo o que poida pasar, estorbar ás persoas… xa logo o son é un impacto que a moto ten e que non conseguimos evitar. A segunda fase é pensar en todo isto e agregar todo en conxunto”, explicou Pedro Mariano.

En canto ás probas, en Silleda levarase a cabo unha proba especial permanente de Enduro e de Motocrós; en Santiago de Compostela, ademais da presentación da competición, realizaranse o 130 km de Rally, o Especial Cros Test e o Especial Enduro Test; na Estrada, desenvolveranse o 130km de Rally e as Enduro Test e Cros Test; en Lalín albergarase o 140 km de Rally, o Especial Cros Test e a Especial Enduro Test; no Irixo, levará a cabo o 130 km de Rally e as probas de Cros Test e Enduro Test.

Ademais das probas motociclísticas, hai unha serie de accións previstas con motivo da Semana Verde, como son o desenvolvemento dun Plan de Sustentabilidade Ambiental e Social, xunto con outro de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, o fomento da economía circular nos municipios nos que se acollen as probas e o fomento da xeración de emprego local directo e indirecto e da participación asociativa e de axentes da zona. Así como tamén se vai a tratar de que esta competición reduza e xestione adecuadamente os residuos producidos, que haxa unha xestión sostible da auga coa súa consecuente redución da pegada hídrica e realizarase unha plantación de compensación polas emisións de CO2. Ademais, levaranse a cabo acciones de concienciación e educación ambiental e priorizarase a conservación e a restauración da natureza.

Orixe
Os Seis Días Internacionais de Enduro ou ISDE celebráronse por primeira vez en 1913 en Carlisle (Inglaterra). Estes leváronse a cabo anualmente, salvo varias interrupcións debidas á Primeira e a Segunda Guerra Mundial, en diversos lugares de todo o mundo. En España, ata o momento, celebráronse catro edicións, a primeira en 1970, nel Escorial (Madrid); a segunda, quince anos despois, en 1985, na Cerdanya (Xirona); a seguinte foi no ano 2000, en Granada; e a cuarta, en 2016, en Navarra. Oito anos despois, esta competición volve a España e, por primeira vez, chega a Galicia, sendo a quinta edición celebrada neste país.

RESPOSTA Ao NOVO PARADIGAMA AMBIENTAL

Esta edición suporá un antes e un despois neste tipo de eventos, poñerá en valor a sustentabilidade (económica, ambiental e social) deste modelo de probas deportivas. Por iso, a organización da competición integrou no equipo organizador a técnicos e comunicadores ambientais para que participen tarefas como definición de trazados, as áreas de servizos e todas as zonas onde se van a levar a cabo tanto as probas como as zonas de adestramento ou o paddock, para asegurarse de que se cumpren cos parámetros de minimización do impacto ambiental. A organización conta así con profesionais que contribuirán a asegurarse que as actividades discorran exclusivamente por pistas e áreas de circulación preexistentes, e que o evento se celebra en lugares e épocas que non interfiran de forma relevante na vida natural, optándose por datas sen afectación a períodos de reprodución de animais. O obxectivo é minimizar calquera impacto na flora ou na fauna… e no caso das emisións, desenvolverase un programa auditable de compensación de pegada de carbono nas mesmas áreas. A proba colaborará ademais con Ong na organización de actividades de responsabilidade ambiental corporativa/ xornadas de control de especies invasoras. 

 

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal