A maior lanparty galega volve do 1 ao 3 de novembro co dobre de velocidade e nova denominación, XGN INTERMAX

Silleda, 6 de setembro de 2024.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA volverá reunir a profesionais e afeccionados á informática e as novas tecnoloxías do 1 ao 3 de novembro. Será na 24ª edición da maior lanparty galega, denominada anteriormente XGN R Encounter e que agora se chamará XGN INTERMAX.

Este evento contará de novo coas súas zonas tradicionais, a Intranet e a Extranet, as cales se situarán nos dous pavillóns principais do recinto, con 10.000 metros cadrados cada un deles. En canto á primeira, orientada a rexistrados, permitirá desfrutar dun posto con conexión de altas prestacións e dará dereito tanto a acampar como a participar en actividades exclusivas, mentres que a Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para os participantes como para quen visite o recinto.

Formación, intercambio de experiencias e entretemento volverán ser os eixos desta edición de 2024, que conta co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party, e estrea empresa colaboradora e patrocinadora oficial, Intermax Technology. Grazas a esta compañía tecnolóxica galega os participantes poderán navegar ao dobre de velocidade que na pasada edición da party, con ata 40 Gbps.

A organización xa está a deseñar a cita, que continúa tendo como obxectivo converterse na segunda lanparty a nivel nacional.

Un programa con gran interese

A XGN INTERMAX contará con actividades moi variadas tanto para persoas rexistradas como para visitantes que acudan á Extranet. Novidades e propostas xa habituais que contan con gran éxito todos os anos uniranse nun programa que incluirá competicións, talleres, conferencias, actividades de realidade virtual e tamén os xogos máis diversos.
 

Calendario de Eventos

  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 

Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

Equina
11 - 13 Xullo 2025
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal