A Fundación Semana Verde pecha 2025 con récord na facturación da central agropecuaria de Galicia Abanca e cifra máxima de eventos

Silleda (Pontevedra), 17 de decembro de 2025.-   A Fundación Semana Verde de Galicia celebrou hoxe a reunión do seu Padroado para facer balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2026. O encontro estivo presidido polo secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta, Javier Abad, en calidade de vicepresidente do Padroado.

No encontro destacouse a celebración este ano de 27 eventos maiores, cifra que iguala o récord de eventos anuais conseguido en 2021, co dato positivo de que este 2025 non é un ano excepcional, como foi 2021, o cal se beneficiara dun efecto rebote provocado pola falta de eventos en 2020 debido á pandemia. A estas citas súmanse neste exercicio unha vintena de eventos menores e as sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.

En canto a esta última, destacan neste exercicio as transaccións xeradas, xa que a falta de sumar os resultados da sesión especial de becerros carniceiros e vacún maior que terá lugar na Central Agropecuaria o 29 de decembro, xa rexistra unha facturación de récord ao superar os 58 millóns de euros, fronte aos máis de 38 millóns do ano pasado, cifra que tamén daquela supuxo a máxima da historia deste mercado.

No que se refire ao calendario da Fundación é relevante o crecemento en todas as feiras. Así, o certame agropecuario Abanca Cimag-GandAgro, reuniu un 20% máis de firmas e un 4,3% máis de público que na anterior cita; a feira de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo contou cun 19,2% máis de expositores; e a de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia celebrou a súa maior edición, cun 11,3% máis de empresas, unha superficie un 26,7% maior e un 8,8% máis de visitantes. Tamén a feira Abanca Semana Verde rexistrou a maior cifra de expositores dos últimos 18 anos, ademais de ser a cita máis internacional dos últimos 20 anos desta feira multisectorial e recibir a 112.200 visitantes, un 32% máis que en 2024.

Así mesmo, é destacable a incorporación no marco de Abanca Semana Verde do novo salón Intermax Beauty Show, centrado na beleza e a estética, así como a celebración de novidosas citas de organizadores externos que ademais contaron cun notable carácter internacional, como a Galican Agility Cup. Esta competición de agility congregou participantes de 22 países e foi a primeira deste deporte canino en Galicia cunha duración de cinco días.

Neste exercicio de 2025 a previsión é que a Fundación acade unha contas equilibradas no que se refire a actividade e, ademais, realizáronse investimentos por importe de máis de 300.000 euros co obxectivo de mellorar as instalacións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA e potenciar a súa actividade, dadas as cifras que a acreditan como ferramenta ao servizo do gandeiro para maximizar os prezos do seus animais. A inversión corresponde coa ampliación da Central a través do acondicionamento dun terceiro pavillón, o que ademais suporá un incremento de ingresos ao concorrer máis animais ao mercado, e tamén doutras importantes melloras na Central que inclúen dende renovación de equipamento informático ata sistemas de vixilancia.

Orzamento 2026

Por outra banda, na reunión de hoxe analizouse o orzamento previsto para 2026, o cal  será de case catro millóns de euros, un presuposto lixeiramente superior ao de 2025 que reflicte a liña positiva lograda nos últimos anos e ao mesmo tempo o comezo da amortización das inversións realizadas na ampliación das instalacións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.

 

Calendario de Eventos

 Galiforest ABANCA 
VIII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

2 - 4 xullo 2026 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
25 - 27 febreiro 2027
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
7 - 9 abril 2027
ExpoBus Iberia
24 - 26 novembro 2027 

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

 Abanca Semana Verde
48 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

4 - 7 xuño 2026 
 Salimat Abanca
29 Salón de Alimentación do Atlántico 
4 - 7 xuño 2026 
Fecap Abanca
XII Feira de Caza, Pesca e Natureza
4 - 7 xuño 2026  
 Turexpo Galicia
XV Salón Turístico de Galicia
4 - 7 xuño 2026
Festur
XII Feira das Festas de Interese Turístico
4 - 7 xuño 2026  
Proceso selectivo:
Servizo Galego de Saúde

25-26 abril 2026 
9 maio 2026 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
Motor Show 2025
6 - 7 decembro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025 
XGN INTERMAX AI EDITION
10 - 12 outubro 2025 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 2 agosto 2025 
 
Equina
11 - 13 Xullo 2025 
 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal