A gran final da Galican Agility Cup pecha un evento canino internacional con gran éxito e alto nivel entre os máis de 300 binomios participantes

Silleda, 3 de agosto de 2025.- A Galican Agility Cup finalizou onte tras cinco días nos que a competición de agility de alto nivel se uniu con interesantes actividades formativas centradas neste deporte canino.

Este evento itinerante, un dos máis importantes e esperados do mundo do agility, reuniu desde o pasado martes a 315 binomios (can e guía) de 22 países, supoñendo a primeira quíntupla (cinco días de competición) en territorio galego. Unha cita sen precedentes na Comunidade que tivo como escenario o recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra) e estivo organizado pola asociación Galician Agility Festival en colaboración coa empresa galega de obstáculos para agility Galican Sport. Firma que foi ademais a principal patrocinadora e á que se uniron como sponsors Mopik, Acandemy, Barklies e Yowup.  A estas empresas, xunto á Fundación Semana Verde de Galicia, a organización agradeceu enormemente a súa colaboración, por considerar que “sen eles un evento destas dimensións sería imposible de realizar”.

Na parte formativa, na Galican Agility Cup realizáronse cinco seminarios impartidos por recoñecidos nomes deste deporte canino, como son a agilitista alemá Dani Fischbach, a francesa Kim Barreau, a italiana Verónica Odone e o español Adrián Bajo, actual campión do mundo de agility en categoría “large”. 

Respecto á competición, os binomios participantes enfrontáronse estes días en diversas probas puntuables para o campionato de España nas categorías XS, S, M, I e L, sendo avaliados por catro xuíces top a nivel mundial como son a alemá Stefannie Semkat, o sueco Jocke Tangfelt, o canario Héctor Ramírez e o suízo Philipp Glur. 

Do total de participantes, os vencedores de cada categoría en graos 2 e 3 obtiveron un pase para a Gran Final Galican Agility Cup, do mesmo xeito que o gañador en cada categoría nos xogos das Galican Challenges celebradas no evento. Uns clasificados que ascenderon a 85 e se enfrontaron onte pola tarde nesta gran final.

Gañadores da Copa Galican

A Gran Final Galican Agility Cup, que supuxo o peche do evento, repartiu premios en produtos da empresa Galican Sport cun valor de 15.000€ entre os 15 binomios que subiron ao pódium.

En categoría XS os vencedores foron Andrea Ferro e o seu can Tsunami, do club Thunderdogs, de Pontevedra, mentres que na S gañou o binomio conformado por Pau Serrano e a súa cadela Adrenalina, do club Zarajump, de Zaragoza.

En categoría M as gañadoras foron Sophie Rosenberger e a súa cadela Livi, de Austria, á vez que na I o pódium encabezárono Adrián Bajo e a súa cadela Drive, do club Do It, de Madrid. En categoría L, venceron Gonçalo Silva e o seu can Marley, de Portugal. Respecto á competición por equipos, o primeiro posto foi para o club Zarajump, de Zaragoza.

No acto de entrega de premios, ademais de membros da Galician Agility Festival, participaron a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández; o concelleiro de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Manuel Requeijo; a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño; o xerente da empresa Galican, Jaime Otero; e en representación da Fundación Semana Verde de Galicia, Susi Abeledo.
 

Calendario de Eventos

 
XGN INTERMAX
10 - 12 outubro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025
 
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
 
  

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

  
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 2 agosto 2025 
 
Equina
11 - 13 Xullo 2025 
  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 XGN INTERMAX
1 - 3 novembro 2024
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024
Equina
26 - 28 Xullo 2024
 Galiforest ABANCA 
VII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

27 - 29 xuño 2024
  Abanca Semana Verde
46 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

30 maio - 2 xuño 2024
  Salimat Abanca
27 Salón de Alimentación do Atlántico
30 maio - 2 xuño 2024
 Fecap Abanca
X Feira de Caza, Pesca e Natureza
30 maio - 2 xuño 2024
 

Turexpo Galicia
XIII Salón Turístico de Galicia
30 maio - 2 xuño 2024

 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
30 maio - 2 xuño 2024
ExpoMunicipal. Feira de Servizos Municipais
11 - 13 abril 2024
Enerxétika. Feira da Enerxía
11 - 13 abril 2024
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
28 - 30 novembro 2023
ExpoBus Iberia
16 - 18 novembro 2023
GaliciaSkills
25 - 27 outubro 2023

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal