A Fundación Semana Verde pecha 2023 con récords tanto na súa facturación como nas transaccións da central agropecuaria de Galicia Abanca

Silleda, 19 de decembro de 2023.- A Fundación Semana Verde de Galicia pecha 2023 con récords tanto na súa facturación como nas transaccións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, ademais de excelentes resultados en distintos certames, segundo se puxo de manifesto hoxe na reunión do seu Padroado, que nesta ocasión foi telemática. Esta xuntanza estivo presidida pola secretaria xeral da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, en calidade de vicepresidenta do Padroado, e serviu tanto para facer o balance provisional deste ano como para presentar os orzamentos para 2024.

Neste exercicio a previsión é que a Fundación acade a maior cifra de facturación da súa historia, con máis de 4,5 millóns de euros, un 51% máis do previsto para este ano, tras a celebración de 23 eventos maiores fronte aos 21 que tiveran lugar en 2022, dos cales 11 foron oposicións, ademais doutros 23 eventos menores e as sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.

Así mesmo, este ano acadáronse moi bos resultados en distintos eventos, como na Feira Internacional ABANCA Semana Verde de Galicia, que rexistrou a maior cifra de expositores dos últimos 16 anos e volveu superar os 100.000 visitantes, tal e como facía antes da pandemia do coronavirus, ou tamén nos certames ExpoBus –centrado no transporte de viaxeiros pos estrada- e Sedexpo –que aglutina os sectores de seguridade, defensa e emerxencias-. Estes últimos no só contabilizaron as súas maiores cifras de visitantes, senón que tiveron un maior carácter internacional.

Por outra banda, vén de reafirmarse o apoio de ABANCA á Fundación tanto na súa actividade como no patrocinio dos eventos relacionados co sector agrario, tal e como se fixo patente a semana pasada na sinatura do convenio que prolonga a colaboración das dúas entidades.

Tamén neste exercicio destacan de novo as cifras da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, que, a falta de sumar a facturación da sesión de hoxe, chegaba a semana pasada aos 32.984.709 euros, o que supón que na penúltima sesión do ano superaba xa amplamente os 32.430.068 euros que acadou en total no ano 2022, e, polo tanto, que rexistre a súa cifra récord de transaccións, con máis de 33 millóns.

Ano 2024, cunha nova cita

A maiores, na reunión de hoxe analizouse o orzamento previsto para 2024, o cal será de 3.309.590 euros, unhas contas que buscan manter a liña positiva lograda en 2023 pero que é moi prudente á espera de que se materialice a celebración de probas de acceso dos distintos departamentos da Xunta de Galicia, o cal é relevante nos presupostos da entidade feiral.

Na actividade da Fundación do vindeiro ano destacará, ademais da celebración de feiras e eventos xa consolidados, o debut dun novo certame, a I Feira de Servizos Municipais, ExpoMunicipal, que terá lugar no mes de abril.
 

Calendario de Eventos

 
ExpoMunicipal. Feria de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
  Abanca Semana Verde
48 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

4 - 7 xuño 2026 
  Salimat Abanca
29 Salón de Alimentación do Atlántico 
4 - 7 xuño 2026 
 Fecap Abanca
XII Feira de Caza, Pesca e Natureza
4 - 7 xuño 2026  
 

Turexpo Galicia
XV Salón Turístico de Galicia
4 - 7 xuño 2026

 Festur
XII Feira das Festas de Interese Turístico
4 - 7 xuño 2026  
 

Intermax Beauty Show
II Feira de Beleza e Estética Avanzada
4 - 7 
xuño 2026 

 Galiforest ABANCA 
VIII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

2 - 4 xullo 2026 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
25 - 27 febreiro 2027
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
7 - 9 abril 2027

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

Motor Show 2025
6 - 7 decembro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025 
XGN INTERMAX AI EDITION
10 - 12 outubro 2025 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 2 agosto 2025 
 
Equina
11 - 13 Xullo 2025 
  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal