A Xunta presenta ‘ExpoMunicipal 2024’, a primeira feira de produtos, servizos e tecnoloxías destinados á mellora da xestión das entidades locais

·         A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director da Fundación Semana Verde Galicia, Ricardo Durán, presentaron hoxe o evento que se celebrará do 11 ao 13 de abril do próximo ano no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda

·         Natalia Prieto destacou que con esta feira preténdese dar resposta aos retos das entidades locais ante o actual escenario social que esixe “espazos máis sostibles, eficientes, accesibles, seguros e verdes”

·         Contará cunha área expositiva e cun programa de actividades paralelo destinado a debater sobre as cuestións que afectan ao ámbito local

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023.- A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, presentaron esta mañá a primeira feira galega de servizos municipais, ExpoMunicipal 2024, que se celebrará do 11 ao 13 de abril do próximo ano no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda. Ao acto tamén asistiu o vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Martínez, xa que o organismo tamén participa no evento.

Natalia Prieto destacou que esta nova feira de servizos municipais ten como obxectivo “dar resposta ás necesidades e retos das entidades locais, sobre todo os máis pequenos  ante o actual escenario social, o cal esixe espazos máis sostibles, eficientes, accesibles, seguros e verdes”. Deste xeito, engadiu que as administracións locais poderán coñecer nesta cita todas as solucións que as empresas ofrecen de cara a satisfacer as demandas da cidadanía e contribuír á mellora da súa calidade de vida.

A directora xeral de Administración Local engadiu que esta feira, que se prevé celebrar de maneira bianual e a que se agardan unhas 7.000 persoas, “nace coa vocación de servir a toda Galicia, pero estará aberta tamén a todas as entidades locais do resto de España y de Portugal”. Neste sentido, preténdese converte Galicia nun foro nacional que aglutine a mellor oferta de produtos e servizos cunha presenza importante de outras entidades locais de España. Por iso, anunciou que tamén se prevé a incorporación como visitantes e expositores de entidades de colaboración transfronteiriza con Portugal. 

Pola súa banda, Ricardo Durán, puxo en valor que este evento supón “a mellor ferramenta para amosar aos concellos galegos as últimas tecnoloxías e os servizos máis eficientes”, ao reunir ás empresas que podan ofrecerlles produtos e solucións para a súa xestión municipal e a prestación das súas competencias.

Ademais, sinalou que ExpoMunicipal se vai celebrar de xeito paralelo á cuarta edición da feira de enerxía Enerxétika, o que permitirá concentrar nun mesmo lugar un certame xa consolidado cun novo para formar unha macrofeira na que unha entidade local encontrará calquera produto ou servizo que poda necesitar.

ExpoMunicipal 2024

A área expositiva centrarase en produtos e servizos relacionados con sectores como mobiliario urbano, limpeza municipal, ciclo da auga, xestión e tratamento de residuos, medio ambiente, enerxías alternativas, obra pública, sinalización, paisaxismo, tráfico e mobilidade urbana, instalacións deportivas e de ocio, rehabilitación e mantemento ou iluminación.

Alcaldes e corporacións municipais, construtores e promotoras, empresas de servizos e tecnolóxicas ou técnicos municipais, entre outros, poderán coñecer todas as posibilidades coas que contan para planificar os seus investimentos e desenvolver os seus proxectos.

ExpoMunicipal 2024 será demais un foro de reflexión e debate sobre temas de máxima actualidade no ámbito da xestión municipal, a través dun atractivo programa de xornadas, presentacións e seminarios.

 

Calendario de Eventos

 
ExpoMunicipal. Feria de Servizos Municipais
25 - 27 marzo 2026
 Enerxétika. Feira da Enerxía
25 - 27 marzo 2026
  Abanca Semana Verde
48 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

4 - 7 xuño 2026 
  Salimat Abanca
29 Salón de Alimentación do Atlántico 
4 - 7 xuño 2026 
 Fecap Abanca
XII Feira de Caza, Pesca e Natureza
4 - 7 xuño 2026  
 

Turexpo Galicia
XV Salón Turístico de Galicia
4 - 7 xuño 2026

 Festur
XII Feira das Festas de Interese Turístico
4 - 7 xuño 2026  
 

Intermax Beauty Show
II Feira de Beleza e Estética Avanzada
4 - 7 
xuño 2026 

 Galiforest ABANCA 
VIII Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

2 - 4 xullo 2026 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
25 - 27 febreiro 2027
SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
7 - 9 abril 2027

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Eventos recentes xa celebrados

Motor Show 2025
6 - 7 decembro 2025 
ExpoBus Iberia
20 - 22 novembro 2025 
XGN INTERMAX AI EDITION
10 - 12 outubro 2025 
 

Galican Agility Cup 

29 xullo - 2 agosto 2025 
 
Equina
11 - 13 Xullo 2025 
  Abanca Semana Verde
47 Feira Internacional Semana 
Verde de Galicia 

5 - 8 xuño 2025 
  Salimat Abanca
28 Salón de Alimentación do Atlántico
5 - 8 xuño 2025
 
 Fecap Abanca
XI Feira de Caza, Pesca e Natureza
5 - 8 xuño 2025
 
  Turexpo Galicia
XIV Salón Turístico de Galicia
5 - 8 xuño 2025 
 Festur
X Feira das Festas de Interese Turístico
5 - 8 xuño 2025
 
 

Intermax Beauty Show
Feira de Beleza e Estética Avanzada
5 - 8 xuño 2025

 SEDEXPO
Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias
26 - 28 marzo 2025
 
Abanca Cimag-GandAgro
Feira profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería
20 - 22 febreiro 2025
 NOCO FIM 6DAYS®️
14 - 19 outubro 2024

Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal