Unha cita coa que este ámbito volve contar en Galicia cun espazo propio para mostrar e descubrir os novos produtos, tratamentos, técnicas e tendencias dun sector cun gran crecemento. Ademais, será a única con esta temática na Comunidade, permitindo ás empresas interaccionar tanto con profesionais como con consumidores finais que valoran o benestar e o coidado persoal.
O Beauty Show, que na súa primeira edición conta xa cunha empresa patrocinadora, Intermax, terá lugar de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e durante as súas mesmas datas. Unha coincidencia que achegará decenas de miles de visitantes entre os que moitos se interesarán polas propostas desta feira de beleza e estética.
Cosmética e maquillaxe, salón de peiteado e estilismo, uñas e manicura, estética avanzada e benestar, saúde e nutrición, formación e educación, innovación e tecnoloxía, barbaría e grooming masculino e sustentabilidade e beleza ética serán os ámbitos nos que se centrará o certame.
A súa área expositiva ofrecerá as últimas innovacións e tendencias en beleza e estética integral, que non só se centrarán en creativos produtos e solucións de vangarda, senón que tamén abarcarán outras propostas e ferramentas de utilidade para o sector.
Demostracións e concursos
Intermax Beauty Show busca maximizar todas as oportunidades que ofrecer a interacción directa entre oferta e demanda. Por iso, ademais da súa exposición, incluirá unha zona networking para dinamizar a comunicación e xerar sinerxías tanto con clientes potenciais como con provedores.
Ademais, deseñará un programa con demostracións nas que os protagonistas serán as técnicas e produtos expostos. Sumaranse concursos centrados en peiteado, maquillaxe e uñas onde a habilidade dos participantes determinará os gañadores.