Auto Classic, centrado nos vehículos clásicos, conta xa no recinto con exposición e venda de coches antigos, ademais de todo tipo de pezas para restauración e outras empresas relacionadas.
Motor Show Galicia comezará mañá, cos vehículos de competición como protagonistas. Poderase adquirir todo tipo de equipamento para estes coches, dende rodas ou lamias ata equipos de música ou produtos para abrillantamento. Tamén haberá servizos relacionados, como contratación de seguros.
Un atractivo programa
Estas citas do motor, organizadas por Sac Events, celebrarán a fin de semana numerosas e vistosas actividades. No interior do pavillón 2 do recinto, onde se situará a exposición, haberá circuítos tanto de coches teledirixidos como de scalextric e tamén campionato de simuladores de condución.
En canto ao exterior, celebraranse exhibicións de carcross, ás 16.00h de mañá e ás 17.00h do domingo, e de drift (condución as altas velocidades con espectaculares manobras) ás 12.00h de mañá e ás 18.00h de ambos os días.
Tamén nestas dúas xornadas haberá xincana de vehículos clásicos, ás 17.15h de mañá e ás 12.00h do domingo, con premio dun seguro de coche en cada sesión. O espectáculo de Josete Stunt, no que se poderán ver arriscadas acrobacias e trucos con quads, unha moto e unha bicicleta, terá lugar ás 19.30h na primeira das xornadas e ás 16.00h na segunda. Uniranse demostracións de graffitti, ás 16.45 h de mañá e ás 16.30h do domingo.
O horario destes certames estenderase de 11.00h a 20.30h. En canto ao prezo da entrada, hoxe é de 7 euros, mentres que a fin de semana será conxunta para ambos os salóns e custará 10 euros.