Os vehículos de competición protagonizan dende mañá a primeira edición de Motor Show Galicia

Silleda, 11 de novembro de 2021.- Motor Show Galicia abre mañá as portas da súa primeira edición na Feira Internacional de Galicia ABANCA, cos vehículos de competición como protagonistas.

O evento, que se celebrará ata o vindeiro domingo, ofrece gran variedade de equipamento para este tipo de coches no pavillón 1 do recinto. Poderán adquirirse desde rodas ou lamias ata equipos de música ou produtos para  abrillantamento. Tamén haberá servizos relacionados, como contratación de seguros, e medios especializados no mundo do motor.

Un atractivo programa o sábado e domingo

A esta oferta de produtos e servizos engadirase un rechamante programa de actividades, o cal terá lugar o sábado e domingo. Nel terán cabida exposicións de coches deportivos, quads, motos e vehículos 4x4, un circuíto de karts, un campionato de coches teledirixidos ou espectáculos de quads.

Ademais, destacarán as exhibicións de  drift (condución a altas velocidades con espectaculares manobras e movementos) con diversos pilotos, como serán Sito González co seu  BMW E30, Álvaro Blanco co seu  BMW E36, Miguel  Vaqueiro co seu  BMW E30, Adrián Fernández Cortizo co seu Mercedes 190E e Marcos Correa Domínguez co seu  BMW E36.

O horario do certame estenderase durante as tres xornadas de 11.00 h a 20.00 h. O prezo da entrada será de 10€ euros por persoa e día, aínda que os nenos menores de 12 anos poden entrar de forma gratuíta.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal