Motor Ocasión Galicia, unha gran mostra de vehículos de segunda man que volve do 19 ao 21 de novembro

Silleda, 22 de setembro de 2021.- O Salón Motor Ocasión Galicia levará a cabo a súa cuarta edición do 19 ao 21 de novembro, volvendo escoller a Feira Internacional de Galicia ABANCA como lugar de celebración. Consolídase así no calendario do recinto, no cal está presente cunha periodicidade anual desde o ano 2018.

O certame, que estará centrado na venda de turismos de segunda man, ocupará os dous pavillóns principais da Feira Internacional de Galicia ABANCA, os cales suman 20.000 metros cadrados.

Entre as empresas presentes haberá representación de toda Galicia, tanto de compra-venda como de concesionarios, as cales mostrarán vehículos de todos os prezos, marcas e modelos. Así mesmo, todas elas realizarán importantes descontos e ofrecerán as mellores garantías.

Como complemento, a Motor Ocasión contará con distintas actividades que se están xestionando por parte da empresa organizadora, Sac  Events.

O horario do certame será durante os tres días de 11.00h a 21.00h. O prezo da entrada será de 3 euros, aínda que os nenos menores de 12 anos poden entrar de forma gratuíta.

O motor, protagonista en novembro


O mundo do motor contará con gran protagonismo no mes de novembro na  Feira Internacional de Galicia ABANCA. Así, ao Motor Ocasión Galicia precederanlle a semana anterior os certames Auto Classic e Motor Show Galicia, centrados nos vehículos clásicos e de competición.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal