Flash Market! Galicia chega por primeira vez a Silleda cunha proposta de compras e ocio diferente, concentrando distintos sectores, primeiras marcas e tendas pop up


Silleda, 10.10.2017.- Flash Market! chega por primeira vez a Galicia cunha proposta diferente de compras para o consumidor, poñendo á súa disposición máis de 200.000 artigos das mellores marcas nacionais e internacionais en moda, deporte, urban, streetwear, perfumes, infantil, fogar, gastronomía...A cita é esta fin de semana en Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, en horario de 10 a 22 horas.

Trátase dun evento multisectorial de compras para todos os públicos e idades que reúne a unha ampla selección de marcas, tendas Pop‐up e portais online que se promocionan durante só 3 días nunha contorna ideada especialmente para iso, cunha completa e variada zona gastronómica, área infantil con servizo de gardería gratuíto, zona de descanso… Un plan de fin de semana pensado para toda a familia.

Deste xeito, os visitantes de Flash Market! poderán desfrutar comprando  moda, artigos de deporte, complementos, lentes de sol, perfumería, fogar, etc. Unha ocasión única que dá cabida a primeiras marcas tan importantes como Geox, Benetton, Pura López, Bikkemberg, Gas, Levi´s, Franklin Marshall, Skunkfunk, Napapijri, Crocs, Fred Perry, Ralph Lauren, Xti, Calvin Klein, Tommy Hilfiger, Armani Jeans, Salsa Jeans, Levi´s, Lois, Armani, Mustang, Fornarina, Pepe Jeans, D&G, Salsa, Gant, Geographical Norway, Ray Ban, Arnette, Okley, etc.

En definitiva, trátase do escenario perfecto para comprar unhas lentes de sol, elixir un sofá novo ou enxoval para o fogar, comprar esas zapatillas de running para a nova tempada, equipamento para a neve, uns tacóns novos, desfruar das exquisitas propostas da zona gastronómica, comprar un perfume, cosmética ou ir adiantando algúns agasallos para este Nadal.

Premio de 1.000

O domingo 15 de outubro ás 14 horas realizarase un sorteo dun bono de 1.000 euros entre todos os visitantes ao evento para gastar nos expositores. Para participar, os visitantes só terán que encher un cupón que se lles dará coa entrada e depositalo na urna habilitada para iso. Do mesmo xeito, durante os días previos ao evento haberá sorteos de bonos en metálico e artigos nas redes sociais.

Diversión para todos

Flash Market! contará cunha zona de lecer para a diversión de toda a familia cunha área infantil con animación e servizo de gardería gratuíto para que os máis pequenos se divirtan mentres os seus pais realizan as súas compras. Ademais, cando aperte a fame, os visitantes poderán gozar facendo parada na zona gastronómica e elixir entre unha gran variedade de produtos: embutidos ibéricos, queixos, conservas, viños, encurtidos, licores, doces do mundo, pizzas, zumes naturais, mojitos, etc.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal