El Combo Dominicano, París de Noia e Panorama reuniron a máis de 5.000 persoas na edición máis ambiciosa do Spring Festival


Silleda, 21 de maio de 2017.- Algo máis de 5.000 persoas acudiron onte ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA para desfrutar do atractivo cartel do Spring Festival 2017, o cal incluía a tres das orquestras máis populares do momento, El Combo Dominicano, París de Noia e Panorama. Estes asistentes, que crearon un gran ambiente no evento, superaron en cerca de 3.000 aos da pasada edición.

O público puido coñecer nesta cita a maioría de novidades incluídas nas novas xiras das orquestras participantes, a través de dous pases de cada una delas. O primeiro foi de 1 hora e 45 minutos por formación e o segundo de 1 hora e 15 minutos, na mesmo orde que o primeiro.

Esta terceira edición do evento comezou pasadas as 22.00 horas con El Combo Dominicano, que interpretou tanto as 15 novas cancións deste Power Tour Gózalo como outras con gran éxito en pasadas tempadas. Entre elas algunhas propias como Pa Gozar e Te lo voy a partir e versións de temas como Deja vu, de Prince Royce coa colaboración de Shakira;  El amante, de Nicky Jam; ou Me llamas, de Piso 21 con Maluma.

En torno á media noite comezou o primeiro pase de París de Noia. Nun escenario xa con novidades pero que se completará nos vindeiros días ofreceu case todo o seu novo repertorio da xira París pa ti, con versións de temas moi demandados polo público como Súbeme la radio, de Enrique Iglesias; Despacito, de Luis Fonsi, ou Shaky Shaky e Hula Hoop, ambas de Dady Yankee.

Tras esta actuación foi a quenda de Panorama, que nun escenario renovado mostrou novas propostas como unha homenaxe a Freddie Mercury e un percorrido pola traxectoria de Jennifer López. O público tamén puido ver como novidades  unha versión do musical El Rey León, un show baseado en temas actuais con lume e performances e, como remate do espectáculo, a canción Mi musica es tu voz, a cal garda relación co nome da xira, Dreams Tour.

Foron 9 horas de música ininterrompida  nas que os asistentes puideron desfrutar do espectáculo con todas as comodidades que ofrece o pavillón 1 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, un espazo pechado de grandes dimensións no que se habilitaron servizos de restauración e gardarroupa.

Presenza de Aranes
O Spring Festival, que dende esta edición  ten carácter social e se dedicará cada ano a un colectivo con necesidades específicas, celebrouse nesta ocasión a favor da Asociación de Rapaces e Amigos con Necesidades Especiais (Aranes), de Lalín.

A entidade, ademais de recibir unha achega económica de 1.500€ e de establecerse para ela unha Fila Cero, contou no pavillón cun posto no que os asistentes puideron informarse sobre a entidade, facerse socios ou aportar doazóns.

>>> Máis fotos en aquí

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal