A Fundación Semana Verde consolídase como referente na celebración de diversos certames multisectoriais, tanto a nivel autonómico como estatal

O vicepresidente, Alfonso Rueda, presidiu a reunión do Padroado onde destacou a recuperación económica que está a ter a Fundación neste últimos anos


• Aprobouse o orzamento do ano 2017, que prevé un equilibrio de gastos e ingresos, e analizouse o de este ano, que se prevé pechar como terceiro ano sen perdas

Silleda, 21 de xullo de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu a reunión do Padroado da Fundación da Semana Verde onde destacou que, ano tras ano, a Fundación estase a consolidar como un referente na celebración de múltiples e diversos certames sectoriais, tanto na nosa comunidade coma a nivel estatal.

Na reunión do Padroado, que tivo lugar esta tarde no Recinto Feiral de Silleda, aprobáronse as contas do ano pasado, cun saldo positivo de 142.000 euros empregados para reducir débeda con poroveedores. Segundo a execución do orzamento, a Fundación presenta unha clara recuperación económica e consolidase tras anos de moito traballo e de moitos esforzos, o que permite que nestes momentos estea comezando unha nova etapa de recuperación e consolidación, caracterizada por unha ampla variada oferta que abarca dende ocio, turismo, enerxía e innovación ata o sector agropecuario.

A execución orzamentaria dos primeiros 6 meses de 2016 fan prever que ao final de ano darase por finiquitada a deuda arrastrada pola Fundación, despois de tres anos consecutivos sen ter perdidas, que rematará 2016 cun saldo positivo. No seo do Padroado aprobouse o orzamento do ano 2017, que prevé un equilibrio de gastos e ingresos, e superará os 1,8 millóns de euros.

O obxectivo da Fundación Semana Verde é seguir nesa senda, sumando ás feiras clásicas novos certames, novas oportunidades e novos públicos. Para iso é necesario que todas as administracións manteñan os seus compromisos e permitan que a Semana Verde siga avanzando e mantendo viva unha referencia para Silleda e para toda a súa comarca.

Incremento de eventos

Nestes primeiros seis meses do ano, a Fundación Semana Verde levou a cabo 13 eventos, dos cales 5 foron procesos selectivos do SERGAS, Función Pública e Política Social, que preto de 27.000 persoas inscritas.

A Feira da Enerxía, con 93 expositores directos e 241 firmas expositoras de 16 países, novidade feiral deste ano, colocouse na súa primeira edición entre as tres feiras máis importantes de España neste sector, superando a feiras xa consolidadas do sector.

Ademais, cabe resaltar a plena consolidación de eventos coma a Abanca Semana Verde, Festur, Fecap Abanca, Turexpo e Galiforest, que neste ano tiveron un importante incremento de expositores, metros cadrados e afluencia de público, colocándoas entre as máis importantes de España nos seus respectivos sectores.

No que respecta á Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, incrementou a súa afluencia nun 11 por cento e as transaccións nun 5 por cento. A día de hoxe, esta Central é a única subasta de gando de España cun sistema de poxa pública informatizado que exclúe ao intermediario, o que garante a transparencia nas transaccións entre compradores e vendedores. A maiores, a conselleira do Medio Rural comprometeuse cos gandeiros a mellorar aínda máis este sistema informático cara a súa modernización, o que conlevará maior axilidade e seguridade nunha subasta modélica en España, sendo a unica de gando informatizada a nivel nacional.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal