A “Guerra dos Balcáns” enfronta esta fin de semana na Feira Internacional de Galicia a 212 afeccionados ao xogo de estratexia militar Airsoft

O recinto feiral converterase o domingo nun campo de batalla con muros e trincheiras no que dous bandos se enfrontarán para ser o gañador desta convocatorian


• TRÁTASE DE UNHA MULTITUDINARIA PARTIDA NACIONAL ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DEPORTIVO - CULTURAL N.E.A.T.

• OS COMPETIDORES PROCEDEN DAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS E TAMÉN DOUTROS PUNTOS DE ESPAÑA, COMO LÉON E VALLADOLID

Silleda, 5 de septiembre de 2014.- Un total de 212 persoas acudirán esta fin de semana ao recinto Feira Internacional de Galicia para participar nunha multitudinaria partida nacional de Airsoft, un xogo de estratexia baseado na simulación militar no que se empregan réplicas de armas de fogo que disparan pequenas bolas biodegradables e equipamento parecido ao militar, e que discorre en escenarios similares aos da guerra real e en contacto coa natureza.

Baixo a denominación de “Guerra dos Balcáns”, esta partida converterá ao recinto nun campo de batalla con muros e trincheiras no que o domingo se enfrontarán, agrupados en dous bandos, os participantes. Estes, pertencentes a asociacións e colectivos centrados na práctica desta disciplina, proceden das catro provincias galegas e tamén doutros puntos de España, tales como León e Valladolid.

Durante a xornada de mañá a organización recoñecerá o terreo e colocará o atrezzo para a partida. O domingo levarase a cabo xa a competición nun horario aproximado de 9:00 a 17:30 horas, o cal pode variar en función do transcurso da partida. Ao remate, o equipo gañador será aquel que consiga o maior número de obxectivos.

Esta partida, organizada pola Asociación Deportivo – Cultural N.E.A.T, é unha das poucas de ámbito nacional que se celebran en 2014 en España, e tamén unha primeira experiencia no recinto que se poderá repetir varias veces ao ano con partidas de distinta dimensión e alcance xeográfico se a experiencia é positiva nesta ocasión, especialmente en canto ao terreo. Nese caso, a pretensión da entidade organizadora é tamén realizar neste espazo unha partida a nivel europeo desta disciplina pouco coñecida pero que conta con gran número de afeccionados, tamén en Galicia.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal