O seu formato, duración e ubicación nun pavillón totalmente climatizado e con servizo de restauración convertérono nun evento único na comunidade
- • ENTRE ESTOS ASISTENTES REXISTRÁRONSE, ADEMAIS DE PERSOAS DAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS, ESPECTADORES DE LEÓN, ASTURIAS E MADRID
• O CANTANTE LERONZ ACTUOU POR SORPRESA, INTERPRETANDO DOUS TEMAS, UN DELES CON DJ KUN
Entre este público asistente rexistráronse, ademais de persoas das catro provincias galegas, espectadores procedentes de fóra da comunidade, entre eles de León, Asturias e Madrid.
O Closing Tour 2013 comezou ás 21:00 horas co primeiro pase de Charleston Big Band, ao cal seguiron o de París de Noia e o de Panorama. Tras estas primeiras actuacións de 1hora e 45 minutos realizaron, na mesma orde, unha segunda de 1 hora e 15 minutos cada unha. Dkuba, unha das principais novidades do evento ao incorporarse por primeira vez un artista invitado, subiu ao escenario coa orquestra Panorama para interpretar algúns dos seus temas máis populares, como “Esto es Pa´ ti”.
O formato do festival, o seu deseño contando co público, o emprego por parte das orquestras dos seus propios escenarios e a súa ubicación nun pavillón completamente climatizado con servizos como restauración e roupeiro, converteron ao Closing Tour nun evento único na comunidade, o cal pretende consolidarse como cita obrigada tanto para os fans das orquestras como para todos os afeccionados a este tipo de música.
Presentación de novidades e actuación sorpresa
A maioría das agrupacións participantes escolleron este festival para dar a coñecer novos compoñentes e cancións para 2014. Charleston Big Band estreou guitarrista e pianista, e algunhas das cancións do seu novo repertorio. Ademais, de man desta orquestra tivo lugar unha actuación sorpresa. Foi a do galego Leronz, un artista de Padrón que sacará ao mercado en xaneiro un disco chamado “Alive”, no cal se incluirán os dous temas que interpretou no Closing Tour, un de ritmo latino, “Dame la batería”, e outro encadrado no house, “Around the world”. Neste último estivo acompañado por Dj Kun, o seu produtor.
Pola súa banda, París de Noia presentou a un novo cantante, a un trompetista e a un dos bailaríns que formará parte doutra das novidades da nova tempada, unha parella de baile que se incorporará aos seus espectáculos. Panorama non comezou xira, senón que, tras unha semana de descanso, emprendeu no evento a recta final do seu tour 2013.
Programa en directo
O Closing Tour 2013 foi tamén o escenario empregado para a emisión en directo dun programa de radio fórmula co festival como protagonista, o cal foi conducido por David Expósito, picadiscos e locutor radiofónico. Este foi tamén o encargado de presentar o evento e da entrega dos obsequios conmemorativos desta edición a cada unha das agrupacións musicais.