A Feira Internacional de Galicia acollerá os días 13 e 14 de abril o XVII Campionato de España de Rottweiler na modalidade de traballo

  Estará organizado polo clube español desta raza


    • ESTA COMPETICIÓN CELEBROUSE POR ÚLTIMA VEZ NA COMUNIDADE NO ANO 2008, SENDO DAQUELA EN O CORGO (LUGO)
Silleda, 1 de febreiro de 2013.- A Feira Internacional de Galicia acollerá os días 13 e 14 de abril deste ano o XVII Campionato de Traballo do Clube Rottweiler de España (C.R.E).

Os asistentes á competición, que se celebrará no Stadium do recinto, poderán participar en todos os grados incluídos, aínda que soamente será campión de España o can que gañe o 3. Os grados serán o 1, 2 e 3, os cales van de menor a maior número de exercicios e de menos a máis dificultade; e o grado BH, unha proba de adestramento que demostra que o can está controlado e atende as ordes do guía, e sen a cal non se pode participar en ningunha outra proba deste deporte.

Tamén se realizarán exames para ser figurante, o “home malo” ao que os cans morden nas probas de defensa, o cal debe demostrar as súas aptitudes e coñecemento do regulamento, así como a súa preparación para ese traballo.

Todas as probas se levarán a cabo na Feira, a excepción das de rastro, as cales se farán en fincas de Silleda que contan con características específicas esixidas polo regulamento para permitir o deseño dun recorrido de 1.200 pasos e 6 ángulos no que se depositarán 3 obxectos de tamaño pequeno e distinta textura que o can deberá detectar pasada unha hora.

O xulgamento dos participantes correrá a cargo do xuíz Herr Roland Seibel, del Club Rottweiler de Alemania, mentres que os figurantes serán o alemán Sandro Sechi e o español José A. Abal Arosa.

A última vez en Galicia, no 2008

O último Campionato de Traballo do Clube Rottweiler de España celebrouse na localidade de Moraleja de Enmedio (Madrid) os días 14 e 15 de abril do ano pasado, mentres que a derradeira vez que se levou a cabo en Galicia foi no ano 2008 en O Corgo (Lugo).
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal