Silleda, 29 de abril de 2022.- O Salón Motor Okasión abriu esta mañá as portas da súa cuarta edición no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA cunha ampla oferta de coches seminovos, quilómetro cero e de ocasión.
Organizado por OK Eventos, o certame contará ata o domingo con máis de 400 vehículos de distintas marcas, gamas e modelos, co obxectivo de adaptarse ás diferentes necesidades dos visitantes.
As catorce empresas presentes, que son tanto concesionarios oficiais como compravendas multimarca de distintos puntos de Galicia, ofrecen durante estes tres días interesantes ofertas e tamén condicións especiais. Estas son Start Motor, Galaicar, Golden Car, Minerva, CCK, Grupo Car, Pais Automoción, Gr Cars, Senra Sport, Hyupersa, Outes Motor, JCV, Gómez Alén e Xaquín.
O custo da entrada é de 3€ por persoa e día, se ben os menores de 16 anos poden acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira é moi amplo para facilitar a asistencia do público, estendéndose de 10.00h a 21.00h
Para todo tipo de orzamentos
A exposición de este IV Salón Motor Okasión mostra vehículos de gran diversidade de prezos, con opcións para todo tipo de orzamentos que van dende os 5.000 euros hasta os 80.000 euros.