Galicia e Portugal inician a senda da cooperación no eido das feiras multisectoriais


  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente de Exponor-Feira Internacional de Porto, Angelino Cândido de Sousa, asinaron un convenio de colaboración entre o recinto portugués e a Fundación Semana Verde

Silleda, 2.3.2018.- Galicia e Portugal inician hoxe a senda da cooperación no eido das feiras multisectoriais, coa sinatura esta mañá na cidade portuguesa do convenio de colaboración entre a Feira Internacional de Porto e a Fundación Semana Verde de Galicia, cimentado na cooperación e na colaboración, o que permitirá incrementar o número de visitantes, expositores e certames de ambas Feiras.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente de Exponor-Feira Internacional de Oporto, Angelino Cândido de Sousa Ferreira, asinaron o convenio polo cal ambas feiras colaborarán na procura de iniciativas e oportunidades que van permitir a ambos recintos seguir medrando e complementándose, xa que entre ambas abarcan múltiples sectores. Facilitando ademais a apertura de novos mercados, tanto ás empresas galegas como ás portuguesas.

Silleda acolle dende subastas de gando ata eventos informáticos con rapaces e rapazas de todas as idades, ata unha mostra das últimas tecnoloxías e maquinaria para o sector agro forestal galego e enerxético. Porto está máis centrado nos mercados da construción, maquinaria industrial, electricidade, cosmética, decoración, educación, turismo, pesca e natureza, polo que entre ambas feiras suman sinerxías.

A Xunta segue así asentando a premisa de que a colaboración e a cooperación son as bases para acadar obxectivos, nos que se engloban seguir avanzando cara a internacionalización das feiras, que estas acollan máis expositores internacionais e incrementen a súa visibilidade tanto en Portugal como en Galicia. Ambas contan con miles de visitantes anuais e centos de empresas participantes.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal