A Feira da Enerxía de Galicia centrou esta mañá un almorzo de traballo organizado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais en Santiago


RICARDO DURÁN, DIRECTOR DA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, FOI O ENCARGADO DE OFRECER ESTE ENCONTRO INFORMATIVO  

Silleda, 26.1.2018.- O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) celebrou esta mañá na súa delegación de Santiago de Compostela un almorzo informativo co director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán.

O encontro centrouse na Feira da Enerxía de Galicia, a cal do 22 ao 24 de marzo levará a cabo no recinto a súa segunda edición.

Durante o seu transcurso Durán expuxo diversos aspectos do certame aos asistentes, que foron enxeñeiros industriais e outros profesionais do sector enerxético. Así, debullou a orixe da feira  e os resultados da súa primeira edición, ao tempo que explicou os bos resultados que está a obter esta nova convocatoria e as xestións que se están a realizar para convertela nun efectivo espazo de converxencia de empresas, institucións, profesionais e usuarios, con presenza de todos os tipos de enerxía. 

A intervención do director da Feira Internacional de Galicia ABANCA foi seguida dunha quenda de preguntas dos asistentes que se centrou na organización da feira.

O almorzo estivo presentado polo decano do ICOIIG, Oriol Sarmiento, e polo delegado do colexio en Santiago de Compostela, Fernando Blanco.

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal