O salón Auto Classic celebrarase finalmente do 19 ao 21 de novembro, xunto co certame Motor Ocasión Galicia

Silleda, 7 de outubro de 2021.- O salón Auto Classic, cuxa celebración estaba prevista entre o 12 e o 14 de novembro, atrasa as súas datas unha semana por motivos organizativos. Así, esta cita, terá lugar no recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA do 19 ao 21 de novembro.

Deste xeito, Auto Classic celebrarase xunto co salón Motor Ocasión Galicia, no cal tanto empresas de compra-venda como concesionarios mostrará durante eses mesmos días vehículos de segunda man de todos os prezos, marcas e modelos.

Auto Classic, centrado nos vehículos clásicos, contará con exposición e venda de coches antigos, así como todo tipo de pezas para restauración. Ademais, estarán presentes revistas especializadas e outras empresas relacionadas. Á súa exposición sumaranse actividades como unha concentración de coches antigos e varios roteiros pola comarca do Deza con chegada ao recinto feiral.

O horario de ambos salóns, organizados por Sac  Events, será durante os tres días de 11.00 h a 21.00 h.

O Motor Show mantén datas

Por outra banda, o certame Motor Show Galicia, programado inicialmente xunto con Auto Classic, mantén as súas datas e terá lugar do 12 ao 14 de novembro na  Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Esta cita terá como protagonistas aos vehículos de competición. Na súa exposición poderase adquirir todo tipo de equipamento para estes coches, desde rodas ou lamias ata equipos de música ou produtos para  abrillantamento, ademais de servizos relacionados, entre eles contratación de seguros. Tamén incluirá actividades, como exposición de coches de competición.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal