A 21ª edición da cita informática XGN R Encounter celebrarase do 9 ao 11 de outubro recuperando o seu formato presencial

Silleda, 27 de xullo de 2021.- A  XGN  R  Encounter, a maior  lanparty de Galicia, celebrará a súa 21ª edición do 9 ao 11 de outubro. E farao retomando o seu formato presencial tras levarse a cabo online o pasado ano.

Así, o recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA volverá reunir a profesionais e afeccionados á informática e ás novas tecnoloxías nos seus dous pavillóns principais, os cales contan con máis de 10.000 metros cadrados cada un.

O evento desenvolverase con todas as medidas de seguridade e o protocolo que establezan as autoridades sanitarias en función da situación derivada da COVID-19.

A  Feira Internacional de Galicia ABANCA irá deseñando nas próximas semanas esta edición, que é a quinta coa operadora galega R como colaboradora e patrocinadora oficial e que de novo conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party. Unha cita coa que se pretende recuperar a esencia deste tipo de eventos, o intercambio de experiencias máis aló do espazo virtual, para posteriormente continuar coa excelente evolución desta lanparty, a cal pretende converterse na segunda de España.

Un obxectivo vinculado á rede de  Encounters do Grupo  Euskaltel, ao que R pertence, a través da súa Fundación, que vén desenvolvéndose no País Vasco desde hai máis de 25 anos e da que forman parte a  Euskal  Encounter, a  Gipuzkoa  Encounter e a  Araba  Encounter.

Amplo programa para rexistrados

Aínda que algunhas decisións sobre esta edición se tomarán proximamente, o que non cambiará respecto a anteriores citas será o seu completo programa de actividades para os rexistrados na Intranet, a cal incluirá un gran número de actividades formativas e lúdicas.
 
© 2020 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención ao público: de luns a xoves de 9 a 14 e de 15 a 18 horas. Venres de 8 a 15 horas