A Feira Internacional de Galicia ABANCA participa en Gastrónoma, facilitando de novo a presenza de empresas galegas en eventos alimentarios

Silleda, 11 de novembro de 2019.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA participa dende onte e ata mañá no certame Gastrónoma. Trátase do evento gastronómico por excelencia do Mediterráneo e reúne en Feria Valencia a cociñeiros, fabricantes, distribuidores, pequenos comerciantes e artesáns. Este ano celebra a súa mellor edición, cunha importante presenza de recoñecidos chefs españois.

A entidade feiral galega está presente cun stand no que ademais de promocionar a súa cita alimentaria Salimat Abanca, tamén dá cabida a cinco empresas galegas. Así, teñen o seu espazo as firmas alimentarias Bico de Xeado (Bergondo), Queixería Daniberto (Vilalba), Panificadora  Mencer (Bergondo),  Valín Produtos de Galicia (Lugo) e  Yatecomeré (Ribadumia).

É a segunda vez que utiliza esta fórmula co obxectivo de servir de plataforma de promoción e desenvolvemento comercial ás empresas galegas naqueles eventos de interese onde Galicia non adoita ter presenza, á vez que aproveita para fortalecer a imaxe dos seus certames.

Experiencias positivas

A Feira Internacional de Galicia ABANCA empregou por primeira vez a presenza agrupada no certame Andalucía Sabor, o cal tivo lugar o pasado mes de setembro no Palacio de Congresos y Exposiciones de Sevilla (FIBES).

Tamén Gastrónoma pertence ao sector agroalimentario e pola súa banda a entidade feiral volve a promociona o 24ª Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que se celebrará do 4 ao 7 de xuño de forma paralela á 43ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Sen embargo, o recinto non só pretende dar continuidade a este tipo de participación en citas alimentarias, senón tamén en eventos doutros sectores, xa que ata o de agora as experiencias resultaron moi positivas.
 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal