Equina 2019 finaliza con probas e entregas de premios tres días de competicións con máis de 200 cabalos participantes

Silleda, 23 de xuño de 2019.- Equina 2019, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (Accega) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, finalizou hoxe tres días de actividade nos que se disputaron catro competicións e pasaron polas súas pistas máis de 200 exemplares ecuestres.

Este mediodía entregáronse os galardóns do V Campionato de España Pura Raza Española- ANCCE de Galicia. Esta proba  morfofuncional contou coa participación de preto de 140 exemplares de ganderías de dez comunidades autónomas, como son Galicia, Asturias, País Vasco, Cantabria, Madrid, Castela-León, Castela-A Mancha, Extremadura, Cataluña e Andalucía.

O Campión do Concurso foi Salvador  RJ, propiedade da gandería Santos Pereira, de Ponte Caldelas (Pontevedra) e criado por  Yeguada La Ciervina (Cáceres), mentres que e a Campioa do Concurso foi Jardinera PL, da gandería  Peñarredonda y Los Lomos (Salamanca) e criada por Pedro Sánchez Gómez. Os subcampións foron, en machos,  Gringo Mon, da  Yeguada La Montaraza (Burgos) e en femias, Espléndida de  CH, da gandería Manuel Chamorro  Rouco, de Vigo (Pontevedra).

En canto ao Campión e a Campioa Xoven foron, respectivamente, Remate PG, da gandería Francisco Patiño Barreiro, de Vilagarcía (Pontevedra), e Oria de Vida, propiedade da gandería  Jocha, de Arzúa (A Coruña) e criada por gandería Villanueva  Dacasa, tamén de Arzúa. Como subcampións xóvenes alzáronse, en machos,  Boticario  RJ, da gandería Hermanos Jiménez Salazar (Cáceres) e criado por  Yeguada La Ciervina, e en femias, Minerva de Vida III, propiedade da gandería Miguel Castro Lago, de Sobrado dos Monxes (A Coruña), e criado pola gandería Villanueva  Dacasa (Arzúa).

Os campións adulto e xoven de Mellores Movementos foron, respectivamente Salvador  RJ, da gandería Santos Pereira e Resaca CPK, propiedade da gandería Carlos Soneira Romero (Santiago) e criado pola gandería Gornazo (Santander). En Funcionalidade a campioa foi Rosa  XLIII, da  Yeguada Los Alcores (Valladolid) e o subcampión Salvador  RJ, da gandería Santos Pereira.

Respecto á Mellor Gandería deste V Campionato, foi  Yeguada Los Alcores, de Valladolid.

En canto aos premios concedidos por  Accega neste concurso, o mellores poldro e poldra nacidos en Galicia foron, respectivamente, Remate PG, da gandería Francisco Patiño Barreiro (Vilagarcía) e Minerva de Vida III, propiedade de Miguel Castro Lago (Sobrado dos Monxes).

Este Campionato, celebrado baixo o regulamento da Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE), foi clasificatorio para a final do Campionato do Mundo, a cal será en Sevilla no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB) entre o 19 e o 24 de novembro

Enganches

Equina tamén acolleu hoxe a oitava xornada de liga do Campionato Galego de Enganches. Organizada pola Federación Galega de Enganches, contou coa participación de preto de 50 coches de cabalos de distintos puntos de Galicia.

A competición incluíu seis modalidades. En Veteranos, destinada a maiores de 60 anos, alzouse coa vitoria Jaime Trillo (A Coruña), seguido de Fernando Souto (A Coruña) e Fernando Arenas (A Coruña). En Categoría Libre, a campioa foi Ana Domínguez (Tui), sendo o segundo posto para Marcos González, tamén de Tui. En  Sulky, coches de dúas rodas tirados por un cabalo, venceu Antonio González (Valga), seguido de Fabián Rodríguez, tamén de Valga.

O groso desta proba de enganches situouse nas modalidades Limonera e Troncos, ambas as consistentes en carruaxes de catro rodas pero cun cabalo no primeiro caso e con dous no segundo. En  Limonera o  pódium estivo composto, de primeiro a terceiro, por Diego Souto (A Estrada), Óscar  Ferro (Vedra) e Ana Domínguez (Tui), mentres que en Troncos o primeiro foi tamén Diego Souto (A Estrada), seguido de Carlos Otero (A Coruña) e Marcos González (Tui). Ademais destas cinco, desenvolveuse unha modalidade de Mini Poni, orienta a nenos.

Doma Clásica

Por outra banda, Equina 2019 celebrou onte dúas probas de  doma clásica con máis de 40 binomios procedentes tanto de Galicia como doutros puntos de España, entre eles Salamanca, Madrid, Valladolid ou Santander.

En canto ao I Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de  Doma Clásica, o cal contou co apoio da Consellería  do Medio Rural, en Asento e Posición Preliminar o primeiro posto foi para Leonor Nieto, mentres que en Alevíns Equipos foi para Xiana Pérez e en Infantís Equipos para Ainhoa Piñeiro.  En Xuvenís 0* Equipos venceu  Nerea  Goldar, mentres que en Xuvenís Equipos fíxoo Teresa González. En Rider 1A o primeiro posto foi para Judith  Babarro, en 5 anos Preliminar para Alejandro  Nande, en Rider 2A para Clara  Morazo, en Rider 3A para Leticia Neira e en Clásica 1 para María José Mosteiro.

Respecto á XXI Copa  Accega de  Doma Clásica o vencedor foi Alejandro  Nande con  Favila GF, mentres que o segundo posto foi para Leticia Neira con Laguna IX e o terceiro para María José Mosteiro con  Empaste  AGS.
 
© 2019 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal