O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou esta mañáa a Central Agropecuaria de Galicia Abanca


A Xunta destaca o bo funcionamento da Central Agropecuaria de Galicia Abanca cun incremento continuado tanto en vendas como en número de animais nos últimos aoos

Silleda, 16.1.2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe o bo funcionamento da Central Agropecuaria que nos últimos anos incrementou tanto o número de transaccións como en eventos e poxas, así como no número de animais que semanalmente pasan polas súas instalacións,

Alfonso Rueda, que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, do director de Desenvolvemento Rural, Miguel Dubois e do alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, indicou que a Central xoga un importante papel na recuperación da Fundación Semana Verde de Silleda.

A Central Agropecuaria aumentou case un 7 por cento o número de animais que pasaron polas súas instalacións e aumentou case un 12 por cento as transaccións económicas realizadas. Nesta liña, cabe resaltar a modernización da Central fai dous anos na que se investiron 60.000 euros para a renovación dos equipos informáticos da lonxa, sendo pioneira en contar cun sistema de poxa pública informatizado, o que contribúe tamén á axilidade e seguridade nas transaccións.
 
© 2018 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal