A Feira Internacional de Galicia ABANCA promociona os seus eventos turísticos no salón Sportur Galicia


Silleda, 17.11.2017.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA participa dende hoxe ata o domingo no 1º Salón do Deporte e Turismo Activo, Sportur Galicia, o cal se celebra no recinto Expourense.

A entidade feiral está presente cun stand no que se están a promocionar principalmente os seus eventos centrados no sector do turismo, o  Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia) e a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), os cales se celebrarán conxuntamente e de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia do 7 ao 10 de xuño.

Turexpo Galicia, que chega á súa oitava edición,  e Festur, que celebrará a quinta, están xa inmersos na organización dunha cita que conxugará unha interesante área expositiva,  un programa de actividades especialmente dedicado ás festas de interese turístico e unha importante Bolsa de Contratación Turística. En canto a esta última, propiciou na pasada convocatoria máis de 2.400 reunións de negocio (1.000 máis que na anterior) entre 117 empresas e 44 turoperadores (un 42% máis) de 10 países.

Convenio con Expourense

Esta participación da Feira Internacional de Galicia ABANCA en Sportur Galicia enmárcase no convenio de colaboración asinado o pasado mes de outubro coa Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, o cal ten como obxectivo promover accións que contribúan ao desenvolvemento do sector feiral na nosa comunidade e, de xeito particular, destes dous recintos.

Sportur Galicia, que inaugura este acordo, desenvolverase durante tres días para dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable e difundir a multitude de opcións que ofrece para os afeccionados ao deporte e as actividades ao aire libre, animando ao mesmo tempo aos propios galegos a practicalas.

 
© 2018 Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal