>>> fotografías da feira
A pasada convocatoria, que tivo lugar entre o 10 e o 13 de xuño do presente ano, estivo marcada por unha gran afluencia de público, ao recibir a máis de 100.000 visitantes

 

•   VOLVERÁ A CONSTITUIRSE NUN GRAN CERTAME DE MOSTRAS MULTISECTORIAL E DE OCIO ABERTO A TODOS OS PÚBLICOS
•   INCORPORARANSE NOVOS SECTORES E TAMÉN SE VARIARÁN MOITAS DAS ACTIVIDADES CO OBXECTIVO DE CREAR UN PROGRAMA NOVIDOSO EN CADA EDICIÓN

Silleda, setembro de 2010.-
A 34ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia celebrarase do 16 ao 19 de xuño 2011, constituíndose de novo nun gran certame de mostra multisectorial e de ocio.

A feira continúa así co plantexamento iniciado con gran éxito na convocatoria de 2009, na que se levou a cabo unha redefinición que desviou a vertente profesional dos tradicionais sectores da Semana Verde a monográficos independientes, converténdoa no modelo de certame que hoxe é con excelentes resultados.

A organización da Semana Verde 2011 está xa a traballar para ofrecer unha edición que incorpore novos sectores e un renovado e interesante programa de actividades, co obxectivo de que este resulte novidoso para o público asistente em cada edición. A difusión da imaxe desta nova edición e a comercialización da mesma serán postas en marcha polo equipo da feira en poucos dias.

Nas mesmas datas celebrarase tamén o 15º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2011, que seguirá a manter o seu carácter profesional, co reto de converterse novamente en escaparate de novidades e punto de converxencia do sector da alimentación e a gastronomía.

Edición de 2010

 

A 33ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, que tivo lugar do 10 ao 13 de xuño do presente ano, estivo marcada por una gran afluencia de público, ao recibir a máis de 100.000 visitantes, unha cifra de duplicou a de 2009, cando asistiran 54.568 persoas.

Nesta convocatoria participaron 589 firmas de 15 países e celebráronse 50 actividades distintas. En Salimat tiveron lugar 1.600 encontros de negocio entre os expositores presentes na área expositiva e 28 importadores e distribuidores alimentarios procedentes de 17 países.

+ info

>>> fotografías da feira

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal