A XUNTA DESTACA O PAPEL DA CENTRAL AGROPECUARIA DE GALICIA ABANCA COMO INSTRUMENTO DE DINAMIZACIÓN DOS MERCADOS GANDEIROS NA NOSA COMUNIDADE


Silleda, 14 de xuño de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez coñeceron de primeira man o funcionamento da Central Agropecuaria de Galicia, onde destacaron a importancia para que ten para a nosa comunidade como instrumento de dinamización dos mercados gandeiros

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, un referente a nivel estatal na comercialización de gando, conta cun sistema de comercialización pioneiro dende os seus inicios.  A día de hoxe, esta Central é a única subasta de gando de España cun sistema de poxa pública informatizado que exclúe ao intermediario, o que garante a transparencia nas transaccions entre compradores e vendedores. A maiores, a conselleira do Medio Rural comprometeuse cos gandeiros a mellorar aínda máis este sistema informático cara a súa modernización.

Ademais, é un elemento definitorio e fundamental da Semana Verde, xa que o traballo que se está a realizar ten como obxectivo manter os seus sinais de identidade, o beneficio dos gandeiros e agricultores galegos, e ten o sector primario como prioritario. Dende a Semana Verde, que foi, sen dúbida a que tivo máis éxito nos últimos anos, seguirase ca premisa de traballar para manter e reforzar os sectores tradicionais e apostar por novas iniciativas que fagan a Semana Verde activa todo ano, e incrementar a participación e colaboración de máis empresas.

Central Agropecuaria de Galicia
A Central Agropecuaria de Galicia Abanca foi creada no ano 1981 baixo o nome de Lonxa Agropecuaria de Galicia co obxectivo de dar saída aos produtos gandeiros, facilitando os encontros entre oferta e demanda e adaptando os modos de compravenda aos novos rumbos do mercado. Hoxe, este mercado, xestionado pola Fundación Semana Verde de Galicia, é unha exclusividade tanto polo seu modelo de comercialización como por ser un instrumento para a clarificación dos mercados de produtos gandeiros nas súas dúas vertentes principais, mercados con presenza física de animais e mesas de prezos, permitindo ao produtor e gandeiro acadar tanto intercambios comerciais directos como canles de información que redunden nunha comercialización máis xusta.

Ao longo do ano pasado pasaron pola Central máis de 41.000 animais, case un cinco por cento máis que no 2014 e con importantes récords, como o de maior prezo pagado por un exemplar vacún maior. 

 
Feira Internacional de Galicia ABANCA - Avda. Recinto Feiral S/N. 36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com
Horario de atención al público: de lunes a jueves de 9 a 14 y de 15 a 18 horas. Viernes de 8 a 15 horas

Política de Protección de Datos  Aviso Legal