>>> Fotografías dos premiados e das competicións de Galicia Skills 2018
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega das medallas do certame Galicia Skills 2018, que se celebra desde o pasado mércores na Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Un total de 137 alumnos participantes, acompañados dos seus titores, de 52 centros públicos mediron nestes días as súas destrezas en 26 modalidades ou skills formativas, demostrando a excelencia das ensinanzas que reciben.
Durante a súa intervención Carmen Pomar sinalou a FP como unha “modalidade de formación de futuro, innovadora e adaptable aos cambios”. “Como resultado, hoxe a FP galega é un referente en todo o Estado e segue a liña dos principais países europeos neste ámbito como Alemaña, Suíza ou Austria”, dixo, “unha ensinanza moderna, dinámica, fonte de emprendemento e porta aberta ao emprego, ao axustarse ás particularidades sociais e económicas de Galicia”.
A conselleira quixo tamén gabar a capacidade e valía do alumnado para desempeñar o traballo para o que se preparan. “Sodes un orgullo para todos nós, polo compromiso, o esforzo e a destreza demostradas”, destacou. Así mesmo, agradeceu a implicación de familias, profesorado e centros, polo apoio imprescindible que prestan. A titular de Educación resaltou tamén a colaboración das empresas, tanto neste campionato como cos centros, “que pon en valor a calidade e o atractivo das ensinanzas de formación profesional, motivando o alumnado e recoñecendo e estimulando o labor do profesorado”.
Competición e servizos
Ademais das competicións nas skills, en Galicia Skills puideron verse tamén obradoiros de imaxe persoal, drons, artes gráficas e hospital de robots, así como demostracións de realidade virtual, con simuladores e 3D, e de cociña innovadora. Cómpre salientar que a maiores da súa participación no certame, foron 15 centros galegos os que se ocuparon dos servizos do evento: reprografía, atención a visitas, apoio administrativo...
De feito, o IES Fraga do Eume (Pontedeume) foi o encargado de servir hoxe o cóctel da gala de clausura, que foi amenizada coas actuacións do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, do Conservatorio Superior de Música da Coruña e dos DJs do IES Xelmirez I (Santiago) . O deseño e realización das medallas correu a cargo do IES Politécnico de Vigo e a o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda) ocupouse da organización do acto de peche, que foi retransmitido en streaming polo alumnado do CIFP Imaxe e Son (A Coruña).
Galardoados
Dos galardoados hoxe, os premiados con medalla de ouro competirán representando a Galicia en Spain Skills 2019. A relación de premiados –tanto medalla de ouro como de prata– pode consultarse na seguinte táboa.
MEDALLA E COMPETICIÓN | CENTRO PARTICIPANTE | ALUMNO | TITOR |
Medalla Ouro Tecnoloxía do automóbil | IES As Mariñas (Betanzos) | Brais Fernández Rocha | José Manuel Carabel González |
Medalla Prata Tecnoloxía do automóbil | CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) | Mateo Rodríguez Rodríguez | Miguel Ángel Teira Patiño |
Medalla Ouro Pintura do automóbil | CIFP As Mercedes (Lugo) | Hugo Rigueiro Álvarez | Balbino Trigo Díaz |
Medalla Prata Pintura do automóbil | CIFP Ferrolterra (Ferrol) | Christian Docal Fernández | Luis Gesto Lois |
Medalla Ouro Fontanería e calefacción | CIFP As Mercedes (Lugo) | Miguel Carballal Vizcaino | Leticia Conde Castro |
Medalla Prata Fontanería e calefacción | CIFP Coroso (Ribeira) | Carlos Gaciño Carnota | Sonia Arias Rivas |
Medalla Ouro Instalacións eléctricas | CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) | Esteban Romero Liñares | Cristina Rey Carballo |
Medalla Prata Instalacións eléctricas | IES Politécnico de Vigo (Vigo) | María Jesús Baña Castiñeira | José Manuel González Domínguez |
Medalla Ouro Pintura e decoración | CIFP Porta da Auga (Ribadeo) | Francisco Lombán Silvosa | José Fernando Méndez de Andrés Rodríguez |
Medalla Prata Pintura e decoración | CIFP A Farixa (Ourense) | Virginia Romina Rey Friedman | Mª del Carmen Iglesias Delgado |
Medalla Ouro Ebanistaría | CIFP Someso (A Coruña) | Brais Mosquera Fuentes | Benigno Rafael García Amor |
Medalla Prata Ebanistaría | IES de Melide (Melide) | José Antonio Ferraces López | José Fernández Jiménez |
Medalla Ouro Carpintaría | IES Salvaterra de Miño (Salvaterra de Miño) | Jonathan Jose Alfaya Araujo | José Luis González Álvarez |
Medalla Prata Carpintaría | CIFP Someso (A Coruña) | Javier Pardiñas Lorenzo | Benigno Rafael García Amor |
Medalla Ouro Xardinaría paisaxística | IES Montecelo (Pontevedra) | Alberto Martínez Garrido Adrián Darriba Bello | Vera Gómez Pardeiro |
Medalla Prata Xardinaría paisaxística | CIFP A Granxa (Ponteareas) | Juan Enrique Iglesias Álvarez Rosa María Alonso Cantalapiedra | Montserrat Vázquez Meizoso |
Medalla Ouro Refrixeración e aire acondicionado | CIFP As Mercedes (Lugo) | Diego Ramil Silvosa | Victor Manuel Paz Cortiñas |
Medalla Prata Refrixeración e aire acondicionado | IES Universidade Laboral (Culleredo) | Juan Reboredo Espiñeira | Cristóbal Fraguela Casal |
Medalla Ouro Mecatrónica | CIFP Ferrolterra (Ferrol) | Leonardo Arturo Lanzoy Saavedra Rafael Regueiro Carballeira | José Antonio Gómez Rodríguez |
Medalla Prata Mecatrónica | CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) | Francisco Ibáñez López Mateo González Pérez | José Luis Blanco Carballido |
Medalla Ouro Enxeñaría de deseño mecánico-CAD | CIFP As Mercedes (Lugo) | Ainhoa Torres López | Alberto Pereira López |
Medalla Prata Enxeñaría de deseño mecánico-CAD | CIFP Ferrolterra (Ferrol) | María Tarín Robles | María Dolores González Román |
Medalla Ouro Mecanizado | IES Politécnico de Vigo (Vigo) | David Ucha Pérez | Francisco José Rodríguez Martínez |
Medalla Prata Mecanizado | CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) | Diego Tallón Pedreira | José Romero Pérez |
Medalla Ouro Soldadura | CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) | Alberto Vidal Lado | Ovindo Comuñas García |
Medalla Prata Soldadura | IES Marco de Camballón (Vila de Cruces) | Daniel Puga Méndez | Rubén D. Gómez Casal |
Medalla Ouro Electrónica | CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) | Miguel Messina Añón | Sabino Vidal Garea |
Medalla Prata Electrónica | CIFP A Farixa (Ourense) | Kevin Domínguez Lorenzo | Ángel Benito Álvarez Rodríguez |
Medalla Ouro Control industrial | CIFP Politécnico de Santiago (Santiago) | Pablo Chico Segade | Pablo Pérez Seoane |
Medalla Prata Control industrial | IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) | David Alonso Méndez | David Camiños Rivas |
Medalla Ouro Solucións de software para empresas | CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) | Iván Rodríguez Salgueiros | Mª Luz Amaro Lois |
Medalla Prata Solucións de software para empresas | IES A Pinguela (Monforte) | Miguel Pérez Rodríguez | Iván García García |
Medalla Ouro Administración de sistemas en rede | IES San Clemente (Santiago) | Alejandro Buján Pampín | Bruno Vila Vilariño |
Medalla Prata Administración de sistemas en rede | IES Isidro Parga Pondal (Carballo) | Daniel Grela Mosquera | Diego Terrón del Valle |
Medalla Ouro Tecnoloxía da moda | CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) | Yéssica Fernández Miño | Mª José Ramallal Mosquera |
Medalla Prata Tecnoloxía da moda | CIFP Manuel Antonio (Vigo) | Alba Otero López | Mónica de Acevedo Pedro |
Medalla Ouro Peiteado | IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) | Irene Galbán Rodríguez | Ana Mª Varela Pena |
Medalla Prata Peiteado | CIFP Someso (A Coruña) | Brenda María Cordero de la Cruz | Beatriz García Veiga |
Medalla Ouro Panadaría | CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) | Yamila Sidati Novo | Avelina Amado Fernández |
Medalla Prata Panadaría | CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) | Luis Miguel Padín Insua | Manuel Patiño Carou |
Medalla Ouro Cociña | CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) | Víctor Paz Soage | Antonio Vieira Armada |
Medalla Prata Cociña | IES de Vilamarín (Vilamarín) | Fabio Santamaría Gómez | Mónica Cernadas Carreira |
Medalla Ouro Servizo de restaurante e bar | CIFP Manuel Antonio (Vigo) | Andrés Salgueiro Troitiño | Garrido Cousillas, José Ramón |
Medalla Prata Servizo de restaurante e bar | CIFP Compostela (Santiago) | Miguel Pampín García | Francisco Molinos Reimúndez |
Medalla Ouro Recepción hoteleira | CIFP Manuel Antonio (Vigo) | Ainara Navarro Muñoz | Roi Álvarez González |
Medalla Prata Recepción hoteleira | CIFP Compostela (Santiago) | Noelia Veiga Domínguez | Rebeca MiramontesPenas |
Medalla Ouro Floraría | IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo) | Cristina Ares Rivas | Mª Angeles Camino Saco |
Medalla Prata Floraría | CFEA de Guísamo (Guísamo) | Lucía Rodríguez Vázquez | Mª Luisa Quintana Rodríguez |
Medalla Ouro Coidados auxiliares de enfermaría | IES Lamas de Abade (Santiago) | Iria Díaz Granja | Mª Cristina Robledo Trabanco |
Medalla Prata Coidados auxiliares de enfermaría | IES Leixa (Ferrol) | Ainhoa Cambronero Rodríguez | Laura Ríos Dalama |